Mochila Inov8 Race Elite 8

Olá!

En moitas carreiras por montaña cando se prevé que o tempo de carreira sexa superior as dúas horas ou ben as condicións meteorolóxicas especialmente adversas, **é condición establecida no regulamento a obligatoriedade **de levar un equipamento mínimo de seguiridade. E onde metemos ese equipamento? Nunha mochila.

No meu caso, e polo de agora, non pretendo participar en probas que en condicións normáis me leven máis de catro horas, polo que pillei unha mochila que me permita levar o material adecuado pero que non sexa voluminosa en exceso. Esta mochila haina en tamaños de 8, 16 e 24 litros.

Non ten sistema integrado de hidratación, eu prefiro levar botellas e ir enchendo nos avituallamentos ou nas fontes (esto pode ser perigoso).

Como sempre, tras leer sobre o tema, non tiña nada claro a elección, así que pillei unha que me encheu o ollo pero sen ter moita información sobre ela, de ahí que escriba esta reseña por se alguén lle axuda.

  • é lixeira, quero dicir, séntese como lixeira e ben adaptada ao corpo.
  • tamaño contido, de altura “normal” pero máis ben estreita. [caption id=”attachment_1183” align=”aligncenter” width=”300”]imaxe co móbil ao lado para comparar tamaño imaxe co móbil ao lado para comparar tamaño[/caption]
  • cordón para “compactar” o contido. Esto foi unha das cousas que me levou a mercala, pois xa teño unha mochila perfectamente funcional, pero máis grande, e cando vai medio baldeira non me gusta sentir as cousas botando dentro. [caption id=”attachment_1184” align=”aligncenter” width=”300”]detalle do cordón para aplastar o contido detalle do cordón para aplastar o contido[/caption]
  • a cremallera parece desas selladas, para a auga (xa se verá!) [caption id=”attachment_1185” align=”aligncenter” width=”300”]detalle da cremallera detalle da cremallera[/caption]

  • os bolsillos lateráis son de rede extensible, pero non demasiado extensibles ou flexibles. Teñen cremallera para pechalos. [caption id=”attachment_1186” align=”aligncenter” width=”300”]vista por detrás coas correas de suxección e os bolsillos vista por detrás coas correas de suxección e os bolsillos[/caption]

detalle dos bolsillos

-trae un silbato integrado (recurso de emerxencia). [caption id=”attachment_1188” align=”aligncenter” width=”300”]silbato silbato[/caption]

  • por diante, as asas, son bastante finas e co borde forrado
  • a correa superior, no peito, regúlase en altura deslizándoa facilmente. [caption id=”attachment_1189” align=”aligncenter” width=”300”]detalle do sistema para regular a altura da cinta no peito detalle do sistema para regular a altura da cinta no peito[/caption] As correas de suxección son de click (normáis), pero a presión regúlase fácilmente con unha soa man tanto para apretar como para afrouxar. Esto é moi importante cando vas correndo para adaptarse ao contido da mochila, o peso, as sensacións que tes correndo, … A veces parece que che sobra todo e outras queres sentila ben axustada. Pois con unha soa man, e sen parar, axústase sen problema.
  • no interior só ten unha pequena bolsa superior con cremallera, como para as chaves, documentación un móbil,… [caption id=”attachment_1190” align=”aligncenter” width=”226”]bolsillo interior bolsillo interior[/caption] Este é un bolsillo exterior de 1 litro, para acoplarlle a maiores, pero devolvino pois non creo que o necesite (13€) [caption id=”attachment_1192” align=”aligncenter” width=”300”]bolsillo externo opcional bolsillo externo opcional[/caption]

A mochila costoume 41€ Web do fabricante Galería de fotos