Mochila Inov8 Race Elite 8

Mochila Inov8 Race Elite 8

Olá!

En moitas carreiras por montaña cando se prevé que o tempo de carreira sexa superior as dúas horas ou ben as condicións meteorolóxicas especialmente adversas, é condición establecida no regulamento a obligatoriedade de levar un equipamento mínimo de seguiridade. E onde metemos ese equipamento? Nunha mochila.

No meu caso, e polo de agora, non pretendo participar en probas que en condicións normáis me leven máis de catro horas, polo que pillei unha mochila que me permita levar o material adecuado pero que non sexa voluminosa en exceso. Esta mochila haina en tamaños de 8, 16 e 24 litros.

Non ten sistema integrado de hidratación, eu prefiro levar botellas e ir enchendo nos avituallamentos ou nas fontes (esto pode ser perigoso).

Como sempre, tras leer sobre o tema, non tiña nada claro a elección, así que pillei unha que me encheu o ollo pero sen ter moita información sobre ela, de ahí que escriba esta reseña por se alguén lle axuda.

– é lixeira, quero dicir, séntese como lixeira e ben adaptada ao corpo.
– tamaño contido, de altura “normal” pero máis ben estreita.

imaxe co móbil ao lado para comparar tamaño
imaxe co móbil ao lado para comparar tamaño

– cordón para “compactar” o contido. Esto foi unha das cousas que me levou a mercala, pois xa teño unha mochila perfectamente funcional, pero máis grande, e cando vai medio baldeira non me gusta sentir as cousas botando dentro.
detalle do cordón para aplastar o contido
detalle do cordón para aplastar o contido

– a cremallera parece desas selladas, para a auga (xa se verá!)
detalle da cremallera
detalle da cremallera

– os bolsillos lateráis son de rede extensible, pero non demasiado extensibles ou flexibles. Teñen cremallera para pechalos.

vista por detrás coas correas de suxección e os bolsillos
vista por detrás coas correas de suxección e os bolsillos

detalle dos bolsillos

-trae un silbato integrado (recurso de emerxencia).

silbato
silbato

– por diante, as asas, son bastante finas e co borde forrado
– a correa superior, no peito, regúlase en altura deslizándoa facilmente.
detalle do sistema para regular a altura da cinta no peito
detalle do sistema para regular a altura da cinta no peito

As correas de suxección son de click (normáis), pero a presión regúlase fácilmente con unha soa man tanto para apretar como para afrouxar. Esto é moi importante cando vas correndo para adaptarse ao contido da mochila, o peso, as sensacións que tes correndo, … A veces parece que che sobra todo e outras queres sentila ben axustada. Pois con unha soa man, e sen parar, axústase sen problema.
– no interior só ten unha pequena bolsa superior con cremallera, como para as chaves, documentación un móbil,…
bolsillo interior
bolsillo interior

Este é un bolsillo exterior de 1 litro, para acoplarlle a maiores, pero devolvino pois non creo que o necesite (13€)
bolsillo externo opcional
bolsillo externo opcional

A mochila costoume 41€
Web do fabricante
Galería de fotos

Comentarios pechados.