Proxecto LineageOS
Teño un MotoE de primeira xeneración (2014) que cumpleu ben, pero agora pode ter unha segunda vida grazas ao proxecto LineageOS.
LineageOS 14.1 (android 7.1.2) no MotoE (XT1021) de 2014
Instaleille un Android 7.1.2 a un dispositivo de hai 4 anos!! E funciona fluídamente!!
Instruccións e Descargas
Na ligazón anterior están as ligazóns as descargas necesarias, pero necesitas instalar:
- adb/fastboot, no ordenador
- habilitar a depuración por USB no motoE
- establecer as regras UDEV no ordenador (si non o están)
- Desbloquear o bootloader (instruccións web Motorola)
- TWRP, no motoE
Os pasos necesarios están perfectamente descritos dun xeito claro, pero si nunca o fixeches (como no meu caso) vai con xeito e lendo un par de veces as instruccións concretas para cada paso e asegúrate de que fas o descrito.
Unha vez instalado adb e desbloqueado o bootloader, trátase de instalar o arranque TWRP que nos permite instalar a imaxe de LineageOS que descargamos desde a web de LineageOS.
Capturas de pantalla
datos do sistema instalado
Idioma
Durante o proceso de inicio do sistema podemos escoller o idioma galego
Esto é de agradecer a toda a comunidade (ou persoa) que fixo a tradución, aínda que hai palabras utilizadas que creo non son totalmente axeitadas. Mais grazas!
Editado: o proxecto está en Crowdin para colaborar, así que haberá que ir por alí 😉
Engadindo software
Durante o proceso de flasheado ofrécese a posibilidade de instalar as GoogleApps. Eu non o fixen.
Pódese comezar engadindo f-droid e a partir de ahí, a través de Aurora, instalar algunha aplicación da tenda de google que creas necesaria e non teña alternativa en f-droid ou outro repositorio libre.
Editado: instruccións para actualizar o sistema a unha nova versión, que esto ocurréuseme agora, pois hai unha nova cada semana (hai que ver o rexistro de cambios).
As actualizacións OTA están, aparentemente, xestionadas por TWRP pero está por ver si se realiza correctamente (lin opinións contrarias). BTW, poder xestionar o software instalado da a tranquilidade de que aínda que algo falle pódese restaurar o sistema.
/e/ foundation
Instaleille ao MotoE outra ROM alternativa ao android: /e/
Como digo en este chío non me gustou ver que ten ligazón aos servizos de google a través de microG. Sinceramente non sei ate que punto esto inflúe na intimidade (un punto importante na publicidade de /e/ de microG), debería entender mellor cómo funciona. Pero que exista esta ligazón non me parece un bo síntoma.
Asi que voltei a porlle o LineageOS
Fixeches este proceso con algún outro dispositivo? Cal foi a túa experiencia?
Podes comentar este artigo utilizando a túa conta no fediverso, non precisas abrir unha conta en este servidor, aquí federamos!.