Título: Neverwhere (1996)
Autor: Neil Gaiman
unha novela fantástica
No inicio da súa carreira como novelista Neil Gaiman xa deixou definido con Neverwhere este gusto seu polas realidades difusas, realidades que se tocan como posteriormente lemos en American Gods.
En Neverwhere a acción sitúase nun Londres contemporáneo onde xunto a vida convencional dun traballador da City vivimos nun Londres subterráneo, no Londres de abaixo.
Tras un encontro fortuíto e traumático o protagonista accede a este Londres de abaixo onde pasará a formar parte de unha aventura de supervivencia a través de un camiño cheo de perigos, en loita contra o mal coa axuda dos seus novos amigos. Ou socios, xa que unha comunión de intereses diversos conflúen en esta empresa común.
O protagonista principal vese atrapado nun mundo con regras que non coñece, indefenso, ve a súa vida ameazada e só coa protección do grupo consigue saír dos apuros.
Xuntos van salvando obstáculos en busca de cumplir coas súas tarefas, exaltando o traballo en equipo e a posta en valor das cualidades individuais postas en favor do grupo. Que bonito né!? :P
Estos dous mundos físicos representados simbolizan tamén dous xeitos de vida, quizáis sendo o mundo real máis vacío e falto de sentido que esta realidade subterránea dotada de propósito e fin, aínda sendo estos básicos como a simple supervivencia, as ansias de vinganza ou a avaricia.
Atoparlle sentido a súa vida é o obstáculo principal que o protagonista debe superar, este problema marca o desenvolvemento de toda a novela a través das decisións que vai tomando. A novela deixase ler fácilmente, con un argumento lineal e simple podes ir lendo aos poucos sen preocuparte de perder o fío. Unha boa recomendación para estos días na plaia.
Audiovisual
Esta novela é froito de un guión para unha serie de televisión da BBC
De igual ou maior éxito foi a adaptación como ficción radiofónica para BBC Radio4 con actores recoñecidos.
Pódela escoitar en soundcloud, non se trata de un audiolibro, é unha adaptación radiofónica.
Fotografía superior: “Lyon Below.” by [Segle] - REFLEX IS BACK ! is licensed under CC BY-NC-SA 2.0