Título: No es país para viejos (2005) Autor: Cormac McCarthy [caption width=”180” align=”aligncenter”] portada[/caption]
Estás disfrutando. Estás cazando, solo, no deserto. Sin éxito. Pero nun momento convérteste na presa. Estás atrapado nunha situación que non buscabas, unha vez dentro tes que sacar proveito. É o teu instinto. Pero debes asumir as consecuencias.
Cando rematei o libro deixoume unha sensación de máis indeferencia que anteriores libros do autor - La Carretera e Meridiano de Sangre-, non indiferencia total, se non que non abondaba tanto na psicoloxía dos personaxes e trasfondo vital e sí máis na trama. Pero desde entón lin un par de libros máis e por comparación debo decir que este está a outro nivel, non ao nivel dos citados anteriormente (na miña opinión), pero si a un nivel superior a media, a superficialidade e lixeireza que nos desbordan. Perdón, quixen dicir falta de talento.
Non sei si se deben atribuir como propias do autor as opinións dos personaxes, eu creo que non, pero como o sheriff fala en primeira persona non podo evitar pensar que o autor me quere transmitir o seu mensaxe. Este sheriff está a punto de xubilarse e explícanos, mentras vai tentando resolver o caso, a súa traxectoria personal, qué o fixo o home que é, os valores nos que foi criado e o xeito en que se foi transformando a sociedade durante estos anos. Sen dúbida é o máis interesante do libro, para min, e fálanos desde unha posición de degradación moral da sociedade, de falta de respeto polos valores establecidos, unha postura conservadora ao fin. Sin embargo, o sheriff admite que esto sempre foi e será así, que os vellos non entenden aos novos e que calquer tempo pasado pareceu mellor. ** A historia en sí tráta de unha persecución múltiple entre un tipo con mala sorte, cazarecompensas, axentes da lei, narcos, ….**
Está escrito no estilo propio do autor, polo que se é o primeiro que les del pode que che coste un pouco pillarlle o ritmo.
Deixo aquí unha reseña, en inglés, máis completa e descriptiva do estilo do autor e a significancia da obra. Creo que debería dedicar máis tempo a traballar e escribir estas reseñas, pois comparto moito do que di a citada, pero levaríame semanas chegar a ordenar as palabras na miña cabeza para poder escribilas :P