Novo aspecto de blog.xmgz.eu

Hoxe estreo un novo decorado para a bitácora (Nisarg)

Con este novo decorado pretendo que a lectura sexa máis doada en todo tipo de pantallas e resolucións, co anterior o espazo entre liñas era moi corto e o tipo de letra tampouco me convencía en algúns dispositivos.

A separación entre os diferentes elementos (widgets na dereita) está máis resaltada axundando a identificalos, separalos e atopalos con unha rápida ollada.

Só me falta unha cousa: personalizar o cabezallo superior. No antigo decorado tiña unha fotos que fixera nas illas Cíes hai uns anos, pero teño que atopar unha nova que me convenza, así que por agora queda a imaxe que pon por omisión o creador do decorado.

Contribuín a súa tradución ao galego e supoño que en poucos días estarán xa na interface os elementos que aínda aparecen en inglés. Sirva como agradecemento ao autor e axude a espallar o seu traballo.

Sobre o contido da bitácora, rematei de ler algún libro máis e nas próximas semanas irei poñendo as reseñas.

Espero que sexa do teu agrado o novo decorado ;) Qué tal quedou? Gústache máis que o de antes? Crees que debería mellorar algún aspecto? Podes deixar a túa opinión utilizando o formulario que hai debeixo de este artigo.

Grazas pola visita.