Hai unhas semanas descubrín Plume tras varios meses intentando botarme fóra do wp.com, atopar un xeito para publicar un blog de páxinas estáticas, algo como Pelican, Hugo ou Jekyll. Existen xeitos para facelo incluso si non tes un servidor propio.
Plume non é un servidor de sitios estáticos. É un software instalado nun servidor que publica utilizando o protocolo ActivityPub de xeito que un usuario calquera de internet ve as páxinas de xeito normal como calquera web. En Plume os artigos de un blog son os estados que publicas con mastodon, por exemplo. Só que aquí son
- máis longos (permiten máis caracteres)
- están presentados de xeito individual
- e con formato (utilizando markdown).
Esto é un estado de Mastodon
que ten a mesma estructura básica para ser publicado que este mesmo artigo que estás a ler.
Ferramentas
Para edición dos textos servirache calquer editor de texto simple (gráfico ou no terminal). Só debes utilizar a sintaxe da linguaxe de marcado markdown. É moi simple, aquí tes unha pequena guía. Plume ten unha interface gráfica onde realmente publicarás os artigos, pero no editor de textos local permíteche todo este fluxo de traballo e organización.
Estructura de ficheiros e cartafoles
Dependerá moito do tipo de publicacións que fagas, si son máis ou menos longas, de cantos blogs teñas, si utilizas as túas propias fotos, etc, pero de forma xeral crearás un cartafol principal que conterá todos estos ficheiros.
A localización do cartafol principal é relevante.
- Se o colocas dentro da estrucutura de un sistema de ficheiros que teñas sincronizado na nube, tipo owncloud/nextcloud, estarás facendo de xeito automático:
- unha copia de seguridade
- poder traballar no mesmo ficheiro desde diferentes equipos
- compartir con outras usuarias o ficheiro para edición colectiva
- Se ademáis (a maiores, de xeito independente ou alternativo) o xestionas con git poderás
- crear, por exemplo, a rama borradores e a rama publicados
- adicionar as contribucións que che fagan outras usuarias aos artigos (traballo colaborativo)
- Se utilizas ficheiros de medios propios (en lugar de URL) que queres subir ao servidor Plume podes crear un cartafol
Medios
dentro do cartafol principal para ilos metendo dentro.
Mais simplemente podes crear un cartafol en calquer lugar do teu sistema de ficheiros sin ter nada de esto en conta, só un lugar para meter o que escribas.
Estados: os artigos
Como os artigos individuais conteñen texto plano, podes crear para cada artigo que publiques un ficheiro con un nome que che axude a identificalo. Xa sexa polo título, data, tema ou calquer combinación que che permita organizalos e atopalos posteriormente.
Eu, a pesar da febre escritora que teño estos días por descubrir unha cousa nova, só utilizo un único ficheiro de texto para cada un dos blogs. Non publico textos longos, as publicacións acabarán espaciandose no tempo cando bote fora todo o acumulado :D, polo que con este único ficheiro organizado e estrucuturado poderei traballar ben. Ou eso creo, en calquer caso nada impide cambiar a posteriori a estructura.
Editado 10.09.18
Decidín traer a esta plataforma de publicación os libros que leo, e son uns cuantos, así que agora teño un cartafol propio para cada un onde hai un subcartafol medios
coas fotografías e os artigos en ficheiros individuais con formato
YYYY-MM-DD-title.md
Lembra que esto NON afecta a cómo está organizada a información no servidor, só é unha forma de ter a información organizada no teu ordenador. Ten a vantaxe engadida de que é o formato en que se organizan moitos publicadores de páxinas estáticas, polo que facilita a tarefa de importación ou mover os ficheiros a outra plataforma.
Dentro do ficheiro
O meu ficheiro único que contén todas as entradas de este blog ten a seguinte estructura:
# blog post #
title:
subtitle:
content:
DESDE AQUÍ O TEXTO A PUBLICAR UTILIZANDO MARKDOWN
* * *
### pé de artigo
Podes comentar este artigo desde a túa [conta no **fediverso**](https://fediverse.party "ligazón a visualización do fediverso") sin ter que abrir unha conta en este servidor, que para eso **federamos!**.
![CC BY-SA](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d0/CC-BY-SA_icon.svg/88px-CC-BY-SA_icon.svg.png). ATE AQUÍ SERÁ PUBLICADO.
-
arriba de todo unha cabeceira coa estructura básica de cada artigo. Esto utilizoo como plantilla de copiar e pegar e ir enchendo os campos. O pé de páxina pode ser o que queiras e está dentro do contido do artigo, non é un campo separado. Eu póñolle un convite a participar así como unha foto la licenza (que sí é un campo aparte en Plume).
-
cada artigo dentro de este ficheiro único sepároo con unha raia
* * *
horizontal
TIP: Valora utilizar un ficheiro único para cada artigo e non para todo o blog, problablemente sexa máis productivo e ortodoxo.
Así, no meu caso estarán os artigos ordenados por data de escritura descendente e numerados dentro de un único ficheiro.
Publicando
Unha vez tes escrito o artigo, vas ao teu taboleiro de publicación en Plume e só tes que copiar e pegar nos cadros correspondentes os datos requeridos. Non esquezas as etiquetas que desexas aplicar ao artigo #
(pódelas poñer tamén no teu ficheiro local).
A día de hoxe a edición dos artigos xa publicados aínda está en desenvolvemento (avanzado), polo que quizáis sexa recomendable utilizar algún sistema en liña ou de xeito local para verificar que o escrito terá o formato axeitado unha vez publicado.
Cómo te organizas ti?
Podes comentar este artigo desde a túa conta no fediverso sin ter que abrir unha conta en este servidor, que para eso federamos!.
Artigo 1
título: Contribuíndo a programas e proxectos subtítulo: Axuda e contribúe con que fai de este mundo un lugar mellor (para ti) texto:
Esta mañán ia correndo un pouco e pensando en cómo ia ser, ou cómo ía afrontar, a carreira popular do próximo domingo. Participar en ese evento festivo, lúdico e deportivo costoume 5€. A min paréceme un prezo razoable para pasar unha mañán por ahí compartindo camiño con un par de centos de persoas que teñen a mesma afición.
Dixen eu, ben podería darlle uns euros a quen durante tantas horas ao ano me acompaña?
Contribuíndo
En esos momentos ía tamén escoitando o último podcast de Club de Jazz e fixo un recordatorio sobre a campaña #HaztuyoClubdeJazz. Xa teño contribuído, e esta é a época do ano en que normalmente fago algunha doazón a proxectos de software libre, aplicacións e servizos que a min me facilitan a vida de xeito gratuíto ou simplemente me dan placer, como El Club de Jazz.
É habitual que as persoas que desenvolven teñan unha ligazón na súa web ou nos perfís de redes sociais a páxinas onde se xestionan estas doazóns. Podes contribuír co que costa un café (un par de euros) ou pagarlle unha mariscada (o que ti estimes oportuno), calquer cantidade estaralle dicindo aos desenvolvedores que hai ahí alguén a quen lle importa o suficiente o seu traballo como para darlles cartos, será unha forma de dar as grazas. Tamén lles axudas a pagar as facturas :D
Non veño pedindo cartos para ningún proxecto concreto ou programa de radio, veño a dicirche que des as grazas e axudes si podes e queres a quen creas que o merece. Podes axudar tamén:
- divulgando o seu traballo
- explicándo e axudando a outras persoas a utilizar esa aplicación ou servizo
- reportando fallos
- traducindo
- mercando merchandising ou produtos da súa tenda
- aportando ao código se estás cualificada
Ti axudas ou contribúes de algún xeito con proxectos de software libre? De qué outros xeitos se pode axudar a quen fai o software libre, difunde cultura, defende dereitos sociais, bota man de quen non ten nada, fai lobby ante os políticas con causas que compartes, …
Podes utilizar a túa conta no #Fediverso para comentar desde alí esta publicación (que para eso federamos!)
English
Help and donate
TL;DR
I was running this morning, training for a local club race, and listening one of my favourite #podcast programs Club de Jazz. If I can spend five euros to take part on this race, sure I’m able to put some in the pockets of developer whom make life easier for me.
This way we are telling them we are thankful and of course paying the bills :D
We can contribute not just with money, any amount counts, but:
- telling other people about their work (NGO associations, free software, aid institutions, local clubs, …)
- helping other people to use their software or services
- reporting bugs
- traducindo
- buying merchandising or products
- even coding yourself
What projects or services are you contributing to? I’ll appreciate if you comment here your fediverse account elsewhere (that’s federation for!)