Título: Open (2014) Autor: Andre K. Agassi [caption id=”attachment_1919” align=”aligncenter” width=”255”] Portada[/caption]
Cáusanme asombro esas personas con gran memoria, esas personas que lembran todo, con un nivel de detalle que eu non lembro sobre o que fixen onte. Esas personas relatan sin inmutarse escenas completas de sucesos acontecidos hai corenta anos, cóntanos con singular coherencia, pódenas repetir en cada comida familiar sen cambiar unha coma do relato. Acepto que non todos temos a mesma (cantidade) de memoria, pero sobre todo temos un diferente tipo de memoria. A memoria selectiva resúltanos cómoda, lembramos o que queremos lembrar, pero se lle sumas a fantasía, entón o cerebro crea esas escenas a conveniencia que nos resultan favorables.
Andre Agassi parece unha de esas personas. Fai gala de esa memoria, dío explícitamente, pero a min sóbrame esa explicación. Non me parecen creíbles todos esos recordos. Podo crer que o escritor profesional que se documentou para escribir o libro entrevistase a moitas personas do entorno de Andre e crease tales relatos dotados de verosimilitude, pero non como froito da memoria de Andre, polo que preferiría esta última explicación máis que a über-memoria de Andre. ** Mais si creo o que Andre sentía**, esa presión constante por parte do seu pai; ese ansiedade desde tan novo; ese querer ser recoñecido tal como era, por facerse escoitar desde a rebeldía sendo esta expresión da súa angustia e non esforzo consciente por ser diferente.
A Andre non lle gustaba xogar ao tenis. Esto non é un spoiler, cóntanolo desde un inicio. Sin embargo foi embarcado en ese tren desde moi pequeniño ate que finalmente chegou un momento en que era o tenis ou a nada. Doado escoller.
No libro conta non só cómo chegou a ser profesional de éxito, se non todos os condicionantes de esa carreria, de cómo foi sempre mal interpretado, cómo prácticamente ninguén sabía cómo era el en realidade qué o que o movía.
Móstrase agradecido a manchea de amigos que realmente o auparon e **mantiveron a flote **durante a súa vida profesional. Os seus malos momentos non están ocultos, se non que André nos invita a ser partícipes do seu punto de vista sobre eles e das razóns de decisións en momentos importantes, en xiros do destino nunha vida vivida sen pausa.
Gustoume do libro a relevancia da súa vida personal nos resultados obtidos no ámbito profesional. Vemos esas estrelas na televisión e parécennos íconas das virtudes e anhelamos siquera un chisquiño da súa esencia, máis no fondo son personas coas mesmas virtudes e defectos que calquera. Na hora de manexar esos problemas, teñen o problema engadido da exposición pública que fai que calquera se sinta autorizado a opinar sobre o que non ten nin idea. Aislarse de ese xuizo é preciso, pero non doado.
Quizáis esto é un SPOILER, pero unha cousa que me chamou a atención foi a familiaridade co alcohol durante toda a súa vida adulta. Así como de outros rasgos da súa personalidade se mostra pouco orgulloso, non así da afición ao alcohol. Resultame extraño que un profesional mostre esta familiaridade prácticamente sen sufrir consecuencias, pero case tanto a presencia casual do alcohol durante todo o relato en todos os ámbitos. En ningún momento o autor fala do asunto, é unha presencia descriptiva, casual, pero que a min (que non son aficionado a beber alcohol) me resultaba case constante.
Andre cree atopar o seu camiño na vida nos últimos anos de carreira profesional e enfoca esa nova visión de si mesmo hacia axudar aos demáis. Cree que tras formar unha familia propia xunto coa súa actual parella, ofrecerse como vehículo para obter financiación que contribúa a paliar o déficit educativo de rapaces e rapazas sen recursos será unha forma de redimirse do seu desprezo por estudiar cando era novo e que agora percibe como** unha das súas maiores eivas. A Andre Agassi College Preparatory Academy e a Andre Agassi Foundation son as súas ferramentas. **Andre evoluíu, desde a asunción das súas debilidades, aspecto do que evidentemente se mostra orgulloso.
O libro lese fácil, está escrito con un ritmo frenético, ao ritmo dun tie-break que non deixa un recuncho onde Andre se esconda, pero hai que facer un esforzo para creer que o que está escrito é toda a verdade. Conformémonos con que non haxa mentiras, pero non o creo, coa actitude que mostra ao respecto no libro, como moito só haberá víctimas da memoria selectiva.
Ler un libro como este con youtube [1][2][3] ao lado fai que o vivas un pouco máis ;)