receita simple e saudable con verduras e peixe.
Ingredientes
- feixóns verdes
- peixe
- cebola
- allo
- pemento morrón
- perexil
- aceite de oliva
- sal
Preparación
Nunha pota con abundante auga e unha pinga de sal, poñemos a cocer os feixóns. A min gústanme máis esta variedade redonda. Déixalos cocer ao gusto, pero mellor que non queden moi brandos porque salterémolos despois na tixola.
Na tixola poñemos un par de culleradas de aceite de oliva virxe extra; un dente de allo picado moi miúdo; medio pemento morrón cortado en tacos pequenos e unha cebola pequena picada tamén moi fina.
A lume medio ímos deixando que se fagan, pochándoas con tino de que non se queime.
Os feixóns unha vez cocidos escurrímolos ben e botámosllos na tixola. Subímoslle un pouco o lume e ímolas remexendo con moito xeito para que non rompan nin se desfagan. Pouco a pouco seguirase evaporando a auga e irán collendo o gusto das verduras pochadas e o aceite.
Peixe
neste caso son filetes de pescada conxelada e sen pel, pero utiliza o peixe da túa preferencia.
Nun prato poñemos os dous filetes previamente desconxelados e botámoslle un fío de aceite de oliva, unhas graias de sal e picamoslle un pouco perexil fresco.
Dámoslle un par de voltas do dereito e o revés no prato para que se embadurne ben polos dous lados e absorva o aroma e sabor do aceite.
Metémolos no microondas para facelo. Neste caso uns dous minutos, pero depende da potencia do aparato e do grosor do peixe.
Pasados esos dous minutos engadímos ao prato as xudías e a comer!
Nota
esta gornición é moi doada de facer (sobre todo se mercas unha bolsa de feixóns xa limpos e conxelados) e é útil para acompañar a outras carnes ou peixes. Podes facer máis cantidade da que necesites, conxélala e utilízala noutro momento en que non teñas tempo para cociñar.