Relato de un náufrago – Gabriel Gª Márquez

Relato de un náufrago – Gabriel Gª Márquez

Título: Relato de un náufrago (1955)
Autor: Gabriel García Márquez

enter image description here

Este pequeno libro é a recopilación da serie publicada no diario El espectador onde lle da a palabra ao náufrago Luis Alejandro Velasco para que nos conte a súa experiencia.

Chamarlle experiencia é quedar lonxe do que significa estar dez días ao garete no medio do mar Caribe sen auga nen comida nunha lancha, tras caer pola borda dun buque da Marina Colombiana. As circunstancias do accidente explícanse no propio relato así como o xeito en que se desenvolveron os acontecementos mentras el estaba no mar.

Alejandro semella lembrar cada hora da súa penuria e lévanos con el a onde voaba o seu pensamento nos intres onde se vía perdido.

Por momentos é un relato inocente, sen maldade, dun espíritu simple que afronta a situación con medo, con angustia, pero tamén coa dignidade propia de alguén que asume a súa situación.

Cómo foi quen de resistir? Porque era físicamente novo, forte e tivo sorte. Pero esa cabeza súa non pereceu ante a situación e mantivoo vivo máis aló de toda probabilidade.

Comentarios pechados.