Datos de entrenamento 2013
Si, 150 quilómetros correndo descalzo!! :D
[caption id=”attachment_1423” align=”aligncenter” width=”315”] Datos[/caption]
Empecei o ano convencido de empezar a utilizar de xeito habitual calzado minimalista. Ao primeiro alternaba calzado normal coas minimalistas, pero enseguida me dei conta que era mellor dar o salto completamente. **Deberíao ter feito un pouco máis progresivo, pero botábaseme enrriba o período de pillar quilómetros para facer con garantías o Trail do Barbanza, así que pasei unhas semanas dolorido de xemelgos/sóleo e coidando a planta do pe, pero **os xeonllos notaron tan rápido a melloría con respecto as amortiguadas que esos pequenos problemas estaban totalmente recompensados.
Desde abril/maio eu creo que xa só corrín en modo minimalista.
Na segunda parte do ano ía prepararme para facer marca personal en media maratón, pero faltoume motivación. Non para correr, se non para esforzarme ao nivel preciso para facer marca personal. Non lle vía sentido, e unha simple gripe serviume de excusa para deixalo. Non me arrepinto.
Participei en 23 carreiras populares, o mesmo número que o ano pasado. Cada vez vou menos a carreiras en cidades, son aburridas en comparación ao monte e as carreiras 100 ou 200 personas nunha aldea.
[caption id=”attachment_1421” align=”aligncenter” width=”300”] Grafico km por semana[/caption]
Problemas físicos case non tiven. Só o período de adaptación ao minimalismo e un par de problemillas no monte: unha escordadura de nocello que en lugar de parar seguín correndo e estiven semanas con molestias; e un mal apoio de metatarsos do pe esquerdo que tamén fun arrastrando tres ou catro meses. Non eran nada, pero se parase de todo curarían moito antes.
Para 2014… bah! a correr e punto :D