Resumo 2015 de @xmgz [Correr]

Resumo 2015 de @xmgz [Correr]

Como cada ano que me acordo, aquí vai o resumo do deporte que fixen en 2015.

A sensación que me queda é que o pasei ben,
creo que disfruto do feito de poder facer deporte, do que implica ter saúde e poder dispoñer de tempo para poder coller a bici, dar un paseo, correr,… É un privilexio poder facer deporte, e ao mesmo tempo é un regalo, e polo tanto, creo que deixei atrás boa parte do estrés que me producía o ter que adestrar, cumplir un plan de xeito literal, correr a determinada velocidade. Agora adestro, intento seguir unha progresión lóxica para un obxetivo, pero procuro ter claras as prioridades: saúde física e mental.

Carretera desde Serra de Outes a Santa Comba. Paseo en bici.

Como único punto negativo está a medio lesión que tiven preparando o maratón de Coruña. En algún momento, un par de meses antes da proba, púxoseme unha molestia rara, diferente ao coñocido por min, dentro do xeonllo, que me permitía correr, pero a costa de unha dor intensa. “Lóxicamente”, non parei ou baixei o ritmo. E así foi que a un mes da proba tiven parar. Creo que foi un momento de lucidedpois xa corrín a maratón, sei o que é preciso, e non tiña nada que gañar correndo lesionado. Estou orgulloso de ter parado de correr (pois en bici tiña cero problemas), porque despóis en todo o ano non tiven rastro de lesións.

E aquí van os números

Correndo fixen uns 400km menos que o ano pasado, pero…

Datos da carreira a pe 2015 en Strava

en bici fixen case 2000km, polo que non deixei de facer deporte ou perdín motivación, só que diversifiquei as miñas actividades.

Datos de bicicleta 2015 en Strava

Sigo coa tendencia de correr lento, eso si. Un pouco pola idade, supoño, pero sobre todo non me motiva nada entrenar para correr máis rápido. Claro, a veces gustaríame achegarme aos mellores tempos nalgunha proba, pero nas carreiras populares que acudín (17) paseino ben sen esa necesidade de ir máis ou menos rápido.

Para 2016 só quero ter saúde e ser constante e regular no entrenamento, non perder motivación para saír con frecuencia. Só con eso creo que facer uns números similares a 2015 non debería ser dificil.

Finalmente, creo que definitivamente xa son un corredor minimalista/descalcista. Cantas veces, sin ter especial motivación, saín a correr descalzo (barefoot) uns quilómetros e rematei co sorriso na cara, cos pes quentiños, activos, suaves, … salvándome o día.
Non me plantexo correr con outra cousa nos pes que con zapatillas flexibles, anchas e planas. Ou con sandalias. Ou descalzo. Descalzo é, de largo, como mellores sensacións obteño (se o terreo me permite correr por el). After this, there’s no turning back.

SinSon 2015. Barefoot style.
Comentarios pechados.