Resumo 2017 en Strava

como cada inicio de ano aquí vai “o que fixen” no 2017 [embed]https://youtu.be/B1aUTFELXT4[/embed]

[caption id=”attachment_2913” align=”aligncenter” width=”300”]Resumo Strava 2017 Resumo Strava 2017[/caption]

Según estos datos fixen unhas 35 horas menos de “actividades” que o ano pasado, que é un baixón bastante importante, pero foi debido fundamentalmente aos dous últimos meses do ano onde só participaba en carreiras (outubro-novembro) e en Nadal non fixen nada (literalmente). o tempo realizando cada tipo de actividade Mais 210 actividades significa que case 2 de cada 3 días estiven activo. Paréceme ben :D

Foron tamén 19 competicións, das que 10 foron trails (ate agosto non corrín outro tipo de probas).

Non estiven lesionado nin con molestias que durasen máis de dous días. A motivación e a ilusión creo que foron constantes todo o ano menos estas últimas semanas, ao final xa tiña ganas de parar (non por cansanzo, se non pola cabeza).

Fixen uns 400km descalzo e cada vez resúltame máis natural. A este respecto estivo MOI BEN rematar o ano co Medio Maratón de Vilagarcía correndo descalzo (1h47’) e na Pedestre de Santiago deixar o reloxio en 55’10”

o número de actividades por tipo

A ver si o 2018 ven con saúde e cabeciña ;)