Saxóns, Vikingos e Normandos.

Títulos:

  • Svein, el del caballo blanco (The Pale Horseman, 2005).

  • Los señores del norte (The Lords of the North, 2006).

  • La canción de la espada (Sword Song, 2007).

  • La tierra en llamas (The Burning Land, 2009).

Autor: Bernard Cornwell

Tras ler Northumbria, el último reino, seguín lendo a serie e publico agora aquí unha pequena reseña e opinión. _ Svein, el del caballo blanco_ fíxoseme longo. Pero os seguintes resultaronme máis amenos e entretidos. Publico unha única entrada sobre eles porque o único que cambia é que os personaxes principais se van facendo vellos e teñen que ir asumindo as cargas derivadas dos seus actos. Como digo, o segundo da serie non é o mellor, pero nos seguintes parece que o autor se centra máis en dous ou tres sucesos, acontecementos históricos, por libro e así non despista ao lector con excesivos nomes de lugares e personaxes secundarios.

A serie resulta entretida de ler e agradécese o esforzo do autor por meterte nas motivacións dos personaxes segundo a súa procedencia étnica e/ou política, así como por explicar o contexto histórico no que se desenvolve a trama. As motivacións son as de sempre: avaricia, codicia, egoísmo, vanidade,… and so on. Disfrazadas nas formas habituais de necesidade política, mandato divino (cada quen os seus), determinismo ,…

Uhtred (personaxe ficticio), saxón e pagano, segue a actuar como brazo executor dos designios de Alfredo o Grande (personaxe histórico, saxón e cristiano). Diferentes flotas dinamarquesas chegaron entre os séculos IX e X as illas británicas primeiro para saquear e roubar (estilo vikingo) e posteriormente coa expectativa de asentarse neses territorios. Neste contexto Alfredo ansía unha Inglaterra unida baixo unha única bandeira e relixión.

Gústame dos libros estos a claridade con que expón o autor a precariedade das condicións de vida e cómo os vestixios da romanización sobreviven con dificultade a séculos de abandono e descoñecemento. Culturalmente e tecnolóxicamente vivían case como antes de ser parte do imperio romano. Esto fose quizáis pola orixe dos pobos invasores das illas (saxóns, anglos e xutos) que non pertencían ao imperio e polo tanto non tiñan esa bagaxe cultural (esto é opinión e hipótese miña, non unha teoría académica).

Resulta insteresante, pola miña ignorancia sobre o tema, coñecer algo máis sobre a cosmoloxía vikinga e as semellanzas co sarillo que tiñan os gregos. Parécense en moitos aspectos como son as relacións dos deuses cos mortáis, o que esperan deles mentras viven, o que pasa trala morte, etc. O autor contrapón o canon cristiano da época e as vantaxes políticas que representa (ovellas no redil) con respecto ao paganismo, e cómo Alfredo tira partido delas por convicción e devoción ademáis de por interese personal.

Ben, tras ler un libro moitas veces acontece que o que menos importa é a historia concreta e o que queda é a imaxe mental dunha época ou dun lugar. Espero que perduren en min cousas destos libros e aparque certos conceptos creados por ese rodillo reduccionista e machacón que é a industria do entretemento mundial. Estas novelas non son uns tratados académicos, pero o autor tenta cinguirse ao contexto histórico académicamente establecido.

Para rematar, unha cousa que non me gustou é a continua inserción de pequenos párrafos aclaratorios sobre personaxes e situacións para orientar ao lector que non leu as anteriores entregas. Pode que sexan útiles para quen comeza as cousas polo medio, pero se xa leches os primeiros libros entón encóntralas molestas e repetitivas. Na miña opinión, claro. ***************** Queda pendente por ler Death of Kings (2011)