Soy leyenda - Richard Matheson

Título: Soy leyenda - I am legend (1954) Autor: Richard Matheson

[caption id=”” align=”aligncenter” width=”311”] I AM LEGEND, portada[/caption]

O protagonista da novela, Robert Neville, sobrevive nun mundo que xa non lle pertence aos da súa especie, el é o último humano nun mundo cheo de infectados e vampiros. O mal extendeuse de xeito fulminante e el quedou rodeado e acosado na súa casa por estos novos seres.

Os vampiros e infectados viven de noite, quedando en estado latente polo día, o que permite a Robert axenciarse os medios para seguir sobrevivindo e tentar buscar unha saída a súa situación. Podería entenderse que comparten o mundo, pero non é así, Robert utiliza esas horas para tentar desinfectar ao mundo de estos novos seres, de libralo deles tanto por propio interese de supervivencia como para acabar coa plaga.

Desgraciadamente para el o mecanismo da evolución xirou nun sentido contrario aos seus intereses e os infectados son agora donos do seu destino e farán o necesario para tentar librarse do Sr. Neville.

Esta é a síntese da novela, da acción da novela, pero o autor céntrase principalmente nas diferentes fases polas que pasa o ánimo e forza de vontade do protagonista, en cómo é capaz de levar a carga que significa a súa soidade, o seu illamento e sobre todo cómo se derrumbou o seu mundo, o mundo ao que pertencía. Está perdido.

Resultoume interesante a novela en tanto que estos aspectos sicolóxicos son os relevantes máis que o que realmente acontece. Personalmente non me gustou moito a forma en que está escrita, o estilo, pero debe ser ao gusto das preferencias e modas do seu tempo, supoño. Esto non é obstáculo para poder disfrutala.

En JOTDOWN Magazine fixeron un artigo repasando as diferentes adaptacións da novela ao cine e a relación de Richard Matheson con elas. Este artigo contén SPOILERS, así que mellor le primeiro a novela.