El sueño de un cartógrafo – James Cowan

El sueño de un cartógrafo – James Cowan

Título: El sueño de un cartógrafo (1996)
Autor: James Cowan

Portada
Portada

Fra Mauro, un monxe con oficio de cartógrafo nun monasterio veneciano, ten como labor de unha vida facer o mellor mapa do mundo que sexa posible… sen saír da súa celda.
A información que precisa recíbea de visitantes de todo o orbe que fan escala en Venecia (centro comercial de primeira orde no século XVI). A pesar de ser consciente das súas limitacións no relativo a mobilidade, pronto se da conta de que o que lle traen os visitantes non é tanto a realidade obxetiva de cómo é o mundo, se non cómo éste é interpretado por diferentes culturas. Todas respetables (segundo el mesmo admite), pero que remexen as ideas preestablecidas que pode ter un monxe cristiano.

Enfróntase así a dificultade de incluír no seu mapa xa non a diversidade se non a interpretación que cada persona (cultura) pode formular sobre unha mesma realidade. Debe admitir, sen remorsos, estas diferencias conceptuais e lidiar cos efectos que este coñecemento adquirido ten sobre a súa propia aceptación como persona e monxe.

En esta tarefa conceptual tamén o axudan os seus visitantes, pois a través do diálogo e a confrontación de ideas intentan dar resposta a dilemas moráis de carácter universal e que de algún xeito deben ser representados no mapa se este quere aspirar a ser o mellor mapa posible.

A novela é corta e de lectura áxil pero ao mesmo tempo non deixa de introducir temas de difícil expresión e con contido de aspecto figurativo e representativo do mundo espiritual.

Unha grata sorpresa este libro que “me” recomendou José Luís Angulo de @SERAventureros

Comentarios pechados.