Título: Tatuaje (1910)
Autor: Jun’ichiro Tanizaki
Nun relato tan breve, o autor, supoño, parte da premisa de que o lector é cómplice e comparte certos códigos culturáis. Así tamén, ese lector coñece a significancia dos poucos elementos chave cos que elabora esa obra.
Xapón quédame (culturalmente) lonxe, pero podemos intuir varios aspectos relevantes no relato máis aló da historia concreta de esta postal: un tatuador de prestixio atopa o lenzo perfecto para a súa obra definitiva, esa obra na que verte todo o seu coñecemento nunha simbiose entre corpo el debuxo.
Ter o corpo tatuado non só implicaba éxito social, senón que era un distintivo de clase permitirse o poder contratar ao (sádico) debuxante protagonista. A súa profesión goza de prestixio nunha sociedade opulenta, ociosa e refinada. Quizáis decadente? pregunto.
E da profesional do entretemento? qué decimos? unha geisha é moito máis do que a súa figura representa en occidente, forma parte de unha cultura que respeto pero que non coñezo, e quizáis a figuración que aparece nuns cadros que lle regala o tatuador nos axudan a entender o papel de esta figura na sociedade xaponesa tradicional así como o tipo de poder que sustenta sobre as personas (normalmente homes) que contratan os seus servizos.
Trátase dun relato moi breve, evocador ao xeito dos haiku