Autor: Jaron Lanier
Os social media son software escrito por unhas empresas co obxetivo de maximizar a cantidade e calidade da información que poden recopilar sobre as persoas que usan dito software. Esa información, normalmente agregada e segmentada, pasa a ser o producto que venden esas empresas.
A cantidade e calidade de información que se obtén melloran exponencialmente canto máis tempo pase a persoa interactuando co software. Este software está deseñado para fomentar a adición das persoas a través de técnicas de enxeñería social e de modificación conductual.
Estas técnicas de modificación da conducta están deseñadas para conxuntos de persoas, pero afectan a individualidade tanto como ao colectivo (a Sociedade). Estos efectos son nocivos, como se explica no libro, pois o aumento na interacción virtual, por medios electrónicos, priva de contexto e significado a nosa mensaxe.
Na raíz do problema está o modelo de negocio de estas empresas, tan lucrativo como irrespetuoso e daniño.
Días desde o último escándalo de Facebook
Pasei duas horas escribindo a reseña para rematar borrando todo. Se tes interese mira as ligazóns que atopas no sitio web sobre o libro, web do autor. Ali tamén hai moitas reseñas sobre este ensaio.
Tradución dos dez argumentos.
- Estás a perder o teu libre albedrío.
- Deixar as redes sociais é o mellor xeito de resistir a loucura dos nosos días.
- As redes sociais estante a converter nun jilipollas.
- As redes sociais están a perverter a verdade.
- As redes sociais converten a túa opinión en irrelevante.
- As redes sociais reducen a túa capacidade para empatizar.
- As redes sociais fante infeliz.
- As redes sociais non queren que vivas dignamente.
- As redes sociais negan a Política.
- As redes sociais oidian a túa alma.
Argumentos que toman forma nos diferentes capítulos partindo da explicación do modelo económico, as técnicas sicolóxicas que fomentan a adicción e o embrutecemento en pos do beneficio económico inmediato.
Se debemos por nomes a todo esto, entón Google e Facebook son os maiores conglomerados mundiais representantes de este modelo de negocio.