Non teño como hábito escribir aquí sobre ciclismo. Esta entrada é para frikis, así que antes de que abandones a páxina, bota unha ollada a recomendación musical do final desta entrada. Merece a pena para subirche a moral.
Ben, ao conto. Preciso escribilo, levo 8 horas roéndoo e vaime deixar mal corpo. Escribo sen ter lido NADA nos foros de internet, nin declaracións dos implicados, nin nada. Só co visto na restransmisión de TV, mañá xa terei tempo de partirme coas teorías máis inverosímiles que se monten para explicar o acontecido.
Hoxe domingo 29 disputouse a proba do Campionato do Mundo de ciclismo de fondo en carretera. Se les esto, eres un enterado do tema, así que podo saltar os primeiros 250km. rodando baixo a choiva e pasar a última subida a Fiesole. Ahí, xa viches, os colombianos aumentan o ritmo, Purito vese ben e tensa progresivamente ate que só el, Nibali, Rui Costa, Valverde quedan en cabeza para disputar a victoria. Ate certo punto é sorprendente que os grandes rodadores especialistas nas clásicas de abril non lles chegue como para estar ahí, pero bueno, eso é irrelevante agora.
Nesta situación táctica, na que teóricamente eran dous do mesmo “equipo”, ofrecía claras vantaxes para os españóis xa que ademáis da vantaxe numérica contaban con probablemente o corredor máis dotado para o sprint final (Valverde) e ademáis con forzas (pois no o descolgaron en dúas subidas, asi que TIÑA FORZAS).
Agora un pouco de ciclismo ficción.
Non coñecemos as instruccións de partida nin as que recibiron desde o coche do director durante a carreira, pero supoñamos que quen tiña que gañar era Valverde. Mal por Murito entón, pois unha vez que claramente é cousa de catro, debería ter marcado un ritmo sostido, non demasiado forte, pero si que non decaese como para que chegase alguén por atrás. Así sería probable unha situación na que Valverde se disputase a victoria no sprint. Pero esto non o sabemos,** non sabemos as ordes concretas que tiñan. ** O que fixo Murito foi tentar fuxir dos outros tres (tomou unha decisión), intentar aproveitar a descoordinación e desconfianza que soen limitar aos perseguidores sobre todo cando TES UN COMPAÑEIRO CUBRÍNDOCHE AS ESPALDAS. Por dios!!, esto vémolo tódolos días!!. Cabezón e forte, Murito tentouno en varias ocasións, chegou a ser pillado, fuxiu de novo, cos seus perseguidores a 50 metros durante varios quilómetros. Era Nibali, moi xeneroso e valente, quen se encargaba de que Murito non fuxise de xeito definitivo. Rui Costa pasaba algunha vez por quedar ben, pero nin de broma se estaba esforzando, nas zonas duras de subida víase que era o que ia máis xusto. Ía ben, porque aguantou, pero non sobrado. Valverde ía en butaca (sempre tendo en conta que todos van cascados), incluso sen ter que sofocar demasiados cambios de ritmo de Nibali ou Rui Costa, así que tivo bastantes minutos como para recuperar as pernas, que lle chegase o oxíxeno ao cerebro (vese que non o suficiente) e pensar no que tiña que facer.
Con estas, dentro dos dous últimos quilómetros Murito semella ter unha vantaxe case definitiva, xusto antes de cruzar sobre as vías vemos esos 8 ou 10 segundos sobre un Nibali que entra primeiro na curva seguido por Valverde e Ruí. Cambio de plano a Murito. Cambio de plano ao trío xusto antes da curva a dereita pechada tras cruzar as vías. Vemos a Ruí primerio, Nibali a uns catro metros e pegado a el está Valverde. Supoñemos que Ruí pasou a fronte nesa mínima subida (non se viu) e na curva tamén se ve que Nibali deixa esos metros e na saída da curva non sae coa mesma forza que Ruí, xa sexa porque está hasta os huevos de tirar de Valverde (lóxico, esto é así) ou porque se nota sen forza, o caso é que aquí Valverde deberíao ter adiantado e terse pegado a Ruí costase o que costase. PARA ESO ESTABA!!.
Qué fixo? Taparse do aire tras Nibali e deixar ir a Rui. NON INTENTOU PILLARLLE A RODA!!, un tío que leva varios quilómetros recuperando NIN O INTENTA!!. Polo menos inténtalo!!, se non tes forza (que sí que as tiña) pois quedas como un rei, pero non o ridículo de deixalo ir esperando a que Nibali te leve. Dada a situación, só tiña un traballo: saír a todos os ataques mentras tivese forza. Se te reventan, pois nada, felicítase ao rival e punto. Pero deixalo ir? Pff. Se saes tras Rui, este en seguida se pararía, pois Murito estaba relativamente lonxe e non ía a ningún lado con Valverde a roda. E incluso se segue tirando, POIS MELLOR PARA VALVERDE, pois pillaría un Murito fundido e a un Ruí fundido pero contento de asegurar medalla, por eso tiraría, aos que gañaría con unha pata.
Ruí unha vez se ve libre de Valverde tira cual rodador belga en pos de Murito, píllao e liquídao no sprint final. Valverde gaña o bronce a Nibali. Ningún dos españois era feliz. Normal tras pintar a mona ante unha audiencia mundial.
Dicir tamén que foi vergonzoso como “meteron” a Nibali en carreira tras unha caída na penúltima volta. Nibali é un campión, pero a quen había que matar era aos xuices por permitilo.
Parabéns a Rui Costa, maximizou as súas posibilidades aproveitándose da forza de Nibali. Un dez para Nibali pois fixo o que todos sabían que ía facer e deixou todas as forzas no intento. Non ten culpa de que o remolcasen para metelo en carreira. Sen coñecer as ordes de partida, para min un dez para Murito. Valentía e xenerosidade. Valverde. A non ser que houbese unha cadea invisible pero fortísima entre a súa bicicleta e a de Nibali, non entendo cómo non tentou saír a por Rui unha vez este se puxo diante.
Tan incompresible me pareceu que ate pensei nunha conspiración dos frailes, pero non tería sentido ningún. Tamén pensei en que Rui lle debeu salvar a vida, literalmente, a Valverde nalgunha ocasión no pasado e este era o momento de devolver o favor. Digo eu. Tamén pode que sexan envídias entre españóis. Sería raro eh! ¬_¬
… e pensando nestas tonterías, van en Sonideros de Radio3 e poñenme esto [youtube http://www.youtube.com/watch?v=_Ip04QOpH9Y]
virgen santa!, empecei a pegar botes no asiento do coche ao ritmo das trompetas. Literalmente.
Empecei o día vendo o novo record do mundo de maratón de Wilson Kipsang en Berlín, e rematoo escribindo sobre táctica ciclista. Podería seguir escribindo todo o que se me ven a cabeza, pero xa quedou largo o conto.