Trail San Alberte - Ribeira

Segunda carreira do circuito trailseries.run

imaxe da capela de santo alberte

imaxe da web de turismo do concello, Capela de Santo Alberte.

Lugar e meteoroloxía

Xusto antes de chegar a Ribeira está a Capela de Santo Alberte, chovía moito e non levei roupa para auga, pero fun quen de non pasar frío.

plano da ruta

ruta no plano

Situados a carón da capela, fomos indo e vindo polas ladeiras do pequeno promontorio que domina o fin da península do Barbanza.

perfil da ruta

plano coa elevación da ruta

Subir e baixar continuamente, por terreo variado (camiños de pedra, enlamados, herba, monte, bosque, regos) e certa dificultade técnica nas baixadas (pola inclinación e estar enchoupado).

15,6 quilómetros con 700m. de desnivel positivo acumulado.

A miña carreira

Saín máis rápido do que debo e do que acostumo a facer. Chovía tanto que o único que non quería era que se me metera o frío no corpo. Se despois pagaba as consecuencias (quedar sen folgos), así fose.

O grupo estirouse pronto, pois era unha pequena subida con camiño aberto e seguida dunha baixada tamén ampla, polo que axiña nos fomos separando según o nivel. Como se ve no perfil era un contínuo subir e baixar, algunhas subidas máis fortes, outras baixadas máis corribles, pero nin chegabas escarallado arriba nin rematabas de recuperar e xa estabas subindo outra vez. Un escenario perfecto como adestramento, facer intervalos intensos e recuperar, pero sen recuperar.

Creo que ao fin fixen un pouco o tipo de carreira que tiña previsto en principio (días atrás), moi intensa para probar a forza. Só as condicións, o contexto, fixéranme dubidar, pero o plan era ir prácticamente sen recuperar e ver ata onde chegaban as forzas.

Menos o último tramo de subida, onde subín sen problema, pero claramente notei que estaba un pouco hasta as narices de tanta intensidade, fun correndo sempre coa sensación de que ía ao máximo ritmo sustentable, de que ía a tope. Supoño que nesta última subida (forte) foi cando xa non tiña folgos, que no tramo previo de subida (suave) no que se podía correr gastei a forza que tiña.

Ben, non me queixo en absoluto, quizás desde o alto a meta podería ter apretado máis sen problema, pero xa non tiña gañas e realmente deixeime ir.

Recuperei ben e rápido os folgos. Chuviscaba pouco, pero no alto co vento facía frío así que pillei o refrixeiro e baixei para o coche secarme e poñer roupa quente. O de ducharse podía agardar.

Escribo tres días despois, podo dicir que non me quedaron molestias ou dor nos xeonllos. Tíñalle medo, porque baixando tan rápido (sobretodo) pois é o que máis me afecta neste aspecto.

Vendei ben os dedos dos pés, polo que tampouco fixen soias nin rozaduras debido a usar zapatillas. Creo que a esto tamén lle collín o punto. Apreteille os cordóns máis que o outro día en Couzadoiro, que os notaba frouxos e case perdo as zapatillas unhas cuantas veces na lama. Hoxe, habendo lama, sentinas máis firmes.

Contexto

A semana anterior fun correr a Couzadoiro, máis lento, máis longo e máis desnivel. O xoves notei os primeiros síntomas dun refriado, o venres estaba regular tirando a mal. O sábado bastante mellor e domingo corrín sen notar, aparentemente, limitacións debido a isto. A semana xa non podía ser moi intensa, pois tiña que recuperar do domingo para poder correr este domingo outra vez, así que pouco me interrumpiu o catarro.

imaxe dun fulano

ata a próxima


CC BY-SA