Activar TRIM service para SSD

Aviso

Antes de poñerte a configurar o sistema DEBES ler todo o artigo.


Tras ler este artigo en geekland.eu (Qué es TRIM y cómo activarlo?) decidín intentar configurar o meu SSD para mellorar a saúde a longo plazo e o rendemento. Utilizo Antergos-Arch con un disco cifrado, así que o primeiro paso é, como non, ler a referencia en ArchWiki.

Así, comprobamos que podo utilizar o servizo:

Check whether your SSD supports TRIM

# lsblk --discard

LUKS LVM?

Referencia ArchWiki para habilitar servizo en volumes cifrados

on encrypted SSD edit grub cryptovolume adding :allow-discards

Actualizamos grub para que engada a configuración nova

# grub-mkconfig -o /boot/grub/grub.cfg

TRIM periódico vs. continuo

Recoméndase o modo periódico (semanal), que é o valor por omsión cando activamos o timer para systemd

Aviso: engadir o valor “discard” ao volume cifrado podería ser contradictorio co TRIM periódico se facemos caso ao artigo de geekland, pero en Archlinux está explicado do xeito en que aquí indico quedando activado un servizo semanal.

enable timer (default weekly)

systemctl enable trim.timer

check timer

systemctl status fstrim.timer

Ata que se executa unhas cuantas veces e comprobas que funciona ben, podes activar o log persistente (ver referencias abaixo) para rexistrar o proceso.


Referencia

Como dicía arriba, todo comezou co artigo en geekland.eu e decidín configuralo pola miña conta seguinto estas referencias:

xa tiña feito todo o proceso, pero tal como se anunciaba, publicaron a continuación a xeito de guía moito máis detallada e comentada

https://geekland.eu/activar-trim-correctemente-linux/


Editado

tras realizar os pasos anteriores esquecín rexenerar o GRUB e non activaba o discard no LVM.

$ sudo fstrim -v /
fstrim: /: the discard operation is not supported

Cometín o mesmo fallo que esta persoa no foro Archlinux.

Tal como di arriba, tras editar /etc/lvm/lvm.conf

issue_discards = 1

escribir os parámetros do dispositivo cifrado

cryptdevice=/dev/sdaX:Grupo_de_Volumen_cifrado:allow-discards

Activar o timer semanal tal como está indicado arriba así como as consideracións personalizadas.

Unha vez feito…

grub-install --target=i386-pc /dev/sdX (BIOS, en UEFI é diferente) 
mkinitcpio -p linux (rexenerar imaxe kernel)
grub-mkconfig -o /boot/grub/grub.cfg

estas son as ordes xenéricas, debes establecer sdX, o kernel e o ficheiro grub.cfg segundo as túas necesidades.