Twidere, publicar con varias contas

Twidere multi-posting

Cómo utilizar twidere para publicar estados en diferentes servizos e contas ao mesmo tempo

Twidere

twidere é unha aplicación para dispositivos android na que podes engadir varias contas de servizos de microblogging.

Twidere

Twidere non só che permite ler, escribir e interactuar con cada unha das contas, se non que podes publicar en varias de esas contas ao mesmo tempo. Ain’t it cool!?

HowTo

Na seguinte imaxe vemos o panel de twidere con dúas contas engadidas, en este caso unha de mastodon e outra da tuita.

Twidere

Este panel está agochado no lado esquerdo da pantalla, para acceder a el debes desplazalo arrastrando hacia o centro.

Tip: a conta situada en primeiro plano, será a conta por omisión para buscas e outras tarefas. Podes cambiala seleccionándoa en este panel.

Pulsando na icona de redactar mensaxe (círculo verde abaixo) accedemos a caixa de composición de mensaxes

Twidere

En esta vemos que inicialmente só está seleccionada unha das contas, polo que a mensaxe escrita só se publicaría na rede correspondente.

Twidere

Pulsando na icona inferior esqueda da caixa de composición de mensaxes accedes a selección de contas. Pulsando nas iconas correspondentes escolles cales están están activas para a publicación de esta mensaxe concreta.

Twidere

Caixa de escritura

Como podes ver nas imaxes superiores, as opcións dispoñibles varían segundo temos seleccionadas as contas. Esto é debido a que os diferentes servizos permiten un límite caracteres diferente, tamaño de imaxes, intimidade da publicación, etc.

Resposta

Cando pulsas na icona de resposta a unha mensaxe estará seleccionada a conta correspondente a esa mensaxe, pero pulsando na icona de selección de contas poderás respostar publicando en varias contas ao mesmo tempo. Esto podería ter sentido… ou non, podendo causar confusión as túas relacións ao ler una mensaxe fora de contexto.

O desenvolvemento público de Twidere está en pausa por cuestións personais (ver issues en github), mais funciona perfectamente.


Utilizas twidere ou outra aplicación no teu dispositivo móbil? Qué características fan que utilices unha ou outra?

Podes comentar este artigo desde a túa conta no fediverso sin ter que abrir unha conta en este servidor, que para eso federamos!.

CC BY-SA