A novidade de esta entrada no blog é que descubrin como NON SINCRONIZAR todos os cartafoles de UbuntuOne. Eso xa estaba ahí :P pero para min é novidade.
UbuntuOne é o servizo de almacenamento dos teus documentos e ficheiros en servidores alleos. Servidores alleos a ti, pois son responsabilidade de Canonical. Este servizo é semellante ao de outras empresas pero ten unhas cláusulas (termos do servizo e privacidade) algo menos tendentes a beneficiar exclusivamente ao dono dos servidores. Outras empresas outorganse máis dereitos sobre as túas cousas que pos nos seus servidores.
O asunto é que se tes varios ordenadores podes ter cartafoles sincronizados en todos eles cos mesmos datos grazas a U1 (ubuntuone), pero a veces hai documentos ou ficheiros que non precisas telos en todos os ordenadores ou todos os trebellos que tes conectados a túa conta. Dende hai uns meses existe un aplicativo (app) para android que permite, entre outras cousas e se así o desexas, subir automáticamente todas as fotos que sacas como móbil a túa nube. Cando instalas este aplicativo, créase na nube un cartafol co nome do teléfono a onde se suben ditas fotos, pero este cartafol non aparece de xeito automático en todos os demáis dispositivos que tes engadidos. Para que esas fotos estén físicamente no teu ordenador, tes que iniciar o panel de control de ubuntu, ir a pestana “Cartafoles na Nube”, e alí marcar a opción “Sincronizar localmente?”
Esto ven a conto de que podes crear un cartafol na nube pero que non se sincronice con TODOS os trebellos conectados a ela. Na foto de arriba sería o cartafol “NaNube”. Para facer esto, abres o explorador de ficheiros (Nautilus ten intregración con U1); creas un cartafol co nome que queres pero fora do cartafol “Ubuntu One”; menú contextual; opción “ubuntuOne” e clicas en “Sincronizar este cartafol”. Entón crearase na web un cartafol que podes escoller sincronizar ou non co resto de trebellos que teñas.
Unha vez tes dito cartafol no teu anaco de servidor prestado, podes subir alí os ficheiros que queres ter na nube, pero que non necesariamente precisas en todos os sitios desde os que accedes a el.
Finalmente terías algo como ésto:
onde se ve que non todos os cartafoles están sincronizados (o cartafol “Ubuntu One” aparece sempre sincronizado) co equipo local e ademáis aparecen os cartafoles que outros usuarios comparten contigo (con dereitos de edición ou non) e que tamén podes sincronizar localmente ou só acceder a eles na nube.
Todo esto ven bastante ben explicado en este tutorial, pero como casi todo o mundo eu son dos que perde o tempo co método ensaio-erro antes de pasar polo manual de instruccións.
Ah! U1 tamén funciona en ordenadores con sistema operativo de Microsoft.
Ubuntu One é gratuíto ate 5GB pero ten servizos engadidos de pago e posibilidades de ampliacións.