Título: Una historia de la guerra civil que no va a gustar a nadie (2005) Autor: Juan Eslava Galán [caption id=”attachment_1615” align=”aligncenter” width=”198”] Portada[/caption]
Cando eu estaba na escola, na asignatura de Historia sempre comezábamos estudiando o neolítico e as sociedades cazadoras/recolectoras; despois os exipcios, os romanos (qué fixeron por nos os romanos!?), e así… ate o século XX que en dúas semanas de maio, xa en época de exames, se ventilaba a I República Española, as revolucións de principio de século, a II República e así como quen non quere a cousa nin se nomeaba o advenimiento do réxime franquista. Para qué remexer o pasado?
De ahí o meu interese en este libro: por ignorante. Describe a situación política de España durante os últimos anos da II República así como as circunstancias que se aliaron para que se produxese o alzamento militar que levou a guerra. Describe e explica, baixo o seu punto de vista, pero non xustifica.
Tanto este autor como outros parecen ser da opinión de que as situacións económica, política e social de España en aqueles anos parecían confabularse para que rematase nunha guerra. Todos os actores semellaban estar nunha dinámica de negación do adversario e as súas razóns, xa non como entidade política, se non como suxeito de dereitos lexítimos.
Visto oitenta anos despóis é doado pensar ou imaxinar qué faría un se lle tivese tocado vivir na época, pero as diferenzas socio-económicas son tan diferentes que carece de sentido tal exercicio. Segundo os prexuizos políticos de cada persona, ésta situaríase nun bando, cos seus, cando en realidade e visto con algo de detalle, e coas referencias actuais, resulta ominoso pensar en concordar sen dúbidas ou reparos con calquera dous dous bandos en conflicto.
Polo tanto, opino, resulta noxenta a utilización de argumentos da época para xustificar hoxe en día **posicións políticas amparándose en que persisten moitos dos problemas da II República. Existen paralelismos, similitudes, pero que haxa quen lle convén ver fantasmas do pasado, ou peor aínda, **traer esos fantasmas para dun xeito populista agrupar aos acólitos podendo así presionar na dirección propicia aos seus interes políticos (económicos no fondo) resulta insultante.
O libro en si mesmo transcurre de xeito lineal durante o período da guerra deténdose en acontecementos e personaxes que tiveron significancia para o desenvolvemento dos feitos así como en algún outro utilizado, grazas a documentación e testemuños máis recentes, como fío narrativo de esos feitos. Contribúen estos últimos tamén a humanizar a guerra, a ver que morría xente con historias propias e non bonequiños nun taboleiro.
Tanto en este libro como en outros vese que foi unha guerra a española, que acabou como acabou pero ben puido ser ao revés, pois a planificación e execución dos plans (por ambos bandos) resultaba cando menos lonxe do que os exércitos modernos estaban xa a facer. Menos os rusos, o abandono da República por parte das potencias europeas estivo e liña co nivel de confrontamento as políticas de Hitler xa en aqueles anos previos a II WW.
Resultan tamén desagradables os que din que se non fose por Franco, por ternos 40 anos metidos nunha dictadura fascista nacionalcristiana, teríamos caído baixo o dominio bolchevique e o longo inverno ruso. Esto é moito supoñer. Máis ben creo que a República non tería sido neutral na WW II, e sabe diós cómo tería afectado esa situación ao futuro de España.