VIII Festival Alas de Vida

VIII Festival Alas de Vida 🦋🦋

Desde 2019 non se puido celebrar este evento destinado a poñer luz e recaudar fondos para a investigación e divulgación sobre a enfermidade Epidermólise bullosa, comunmente coñecida como Pel de Mariposa

imaxe da web da organización

Durante un fin de semana celébranse en Burela diversos actos con tal fin, entre eles o Trail no que participei na mañán do domingo.

Descrición

O trail pretende ser de nivel asequible para animar á participación. Atendendo a tal propósito a organización estableceu unha ruta non moi longa e cun desnivel moderado aínda que concentrado nunha sóa subida (ata as antenas no alto do monte Castelo, 420m. de altitude).

A ruta, desde a saída na praza da Mariña situada no centro da vila e na aba do monte Castelo, conducía a carón do mar durante uns catro quilómetros moi suaves, permitindo desfrutar da costa, do porto e a estrada nacional XD.

Xusto ao pasar por debaixo da estrada comezamos a correr por pistas abertas onde pouco a pouco, suavemente fomos gañando algo de desnivel ata que no quilómetro oito facíamos a subida propiamente dita. Aproveitando o trazado das rutas de baixada do clube de bicicleta de montaña fixemos unha das subidas máis directas que se poden realizar. Andando, obviamente. Cada un co paso e forza que teña, pero nesta subida adiantei a moita xente.

Por coñecela? Por ter ido con tranquilade ata ese momento? Máis ben a segunda opción.

Unha vez no alto baixamos por unha ruta de semellantes características (bastante empinada) pero moi divertida, seguindo outro dos camiños das bicicletas de montaña. Conste que se tiran en plan kamikaze como tolos, non penses que son rutas para pedalear e/ou ir de paseo. Son descensos moi perigosos.

Os últimos dous/tres quilómetros volven ser chans e lixeiramente favorables para volver á mesma praza. En total uns quince quilómetros con 500m. de desnivel positivo.

perfil da ruta

perfil da ruta

A miña carreira

A oito días de correr un Maratón tampouco podía deixar o fígado nesta carreira e por enriba de todo levar un golpe.

A temperatura era moi agradable pero fresca, un día de outono, no que chovera bastante de noite e durante a ruta caeronnos un par de boas chuvieiras. Non pasamos frío nin foi ningún problema, podendo desfrutar en ocasións do sol e das vistas (que teño moi vistas).

Se digo que coñecía o camiño trataríase dun understatement 😎, de tantas veces que por alí pasei. Saín atrás de todo e moi suave deixándome ir, sabendo que era un día para pasalo ben, intentando respirar con tranquilidade. Non me sentín moi solto e fresco, a verdade. Fun indo sen maior problema pero non me sentía fluído.

Cando comezamos a subir xa subín eu tamén a intensidade un chanzo e parece que me sentou ben, ou polo menos deixei de pensar en cómo me sentía. Subín ben o monte, adiantando a moita xente (normal) pero con algún esvarón porque corrín coas sandalias. Non caín, pero ao estar todo mollado, algo enlamado, e cheo de faíscas no pinar, notaba que non traccionaba ben. Non creo que con zapatillas fose a ir moito mellor, tamén o digo.

Cheguei ás antenas bastante enteiro, e boteime hacia abaixo sabendo que ahí si que tiña que ir con xeito, que era agora cando podía levar un bo golpe ou lesionarme. Na baixada si foi onde saquei proveito de coñecer o camiño, porque podía ir con tino pero sen medo. Na baixada non me adiantou ninguén (é raro esto) e en parte é por este coñecemento (eso creo). Fun indo, apoiándome na vara, e case abaixo de todo metéronnos por un lugar que ou nunca pasei ou non lembraba, un túnel por debaixo da estrada nacional que ven dar case en fronte ao Eroski.

No final si que me esforcei, sen pasarme, pero correndo ben. Despois mirei e vin que corrín aquí bastante máis rápido da sensación que levaba, sentíame xa pesado (aquí era xa normal). Na rotonda vin que non moi lonxe viña algún corredor así que esto tamén me motivou a concentrarme en correr 😄

Cheguei a meta correndo ben. Había auga, tortilla e empanada, así que case xantei alí 😄

Eramos menos xente que outros anos, pero tamén había andaina, así que non estivo mal de ambiente a mañán compartida coas demáis persoas.

imaxe promocional

imaxe promocional

Todo foi ben.