Bertamiráns e o concello de Ames contan cun dos recorridos 10k en ruta homologado máis chans de Galicia.
Son moitas as persoas que aproveitan a cita de cada outono para intentar mellorar os rexistros persoais e tamén para avaliar o seu estado de forma de cara a próximas citas do calendario.
a saída, por La Voz de Galicia
A miña intención era esta última: saber cómo estou. Máis que nada de cara a un aspecto persoal, pois nin adestrei para este tipo de carreira nin é o tipo de evento no que vou participar nas próximas semanas. Quedei moderadamente satisfeito. Ben, en realidade dábame igual o tempo ou a clasificación, con tal de non ir asfixiado aos tres quilómetros e poder ir constante toda a carreira xa estaría satisfeito. Un para de minutos arriba ou abaixo non me quitarían o sono.
A carreira
As corredoras que quixeron facer marca persoal tiveron unha mañán perfecta. Ameazaba chuvia, mais quedou unha mañán fresca e con brétema, sen nada de vento, perfecta para poder correr a gusto.
Con máis de 800 persoas chegadas a meta na carreira principal (1400 en total), a recta de saída é suficientemente ampla para que desde o inicio poidas coller o teu propio ritmo, sen estorbar nin ser estorbado. Pareceume que nos colocamos bastante ben nos caixóns de saída segundo a nosa marca previa (ou prevista) pois aínda que saín máis ben atrás fun adiantando xente a un ritmo pausado durante o primeiro quilómetro.
O quencemento fíxeno trotando ate a zona da depuradora, para ver se melloraran o asfalto e podía correr descalzo como hai dous anos. Estaba máis ou menos igual, e como o chan estaba mollado e frío, non se sentín moi motivado a facelo. Fun trotando moi suave, cómodo, con boas sensacións (estiven un pouco arrefriado esta semana), así que pronto esquecín a idea e voltei para a saída con bó ánimo e a intentar ir forte pero sen tolear.
É moi útil coñecer o propio límite, e pódelo coñecer sobrepasándoo e mirando atrás ou ben asomándote ao precipicio sen chegar a caer. Sentir cómo respiras, ou cómo che doen as pernas, o ritmo da respiración, a frecuencia da zancada… son signos que é recomendable aprender a distinguir, é unha experiencia moito máis valiosa que correr 5 ou 10 segundos máis rápido por quilómetro. Cando esas sensación volten, en outras carreiras, serán coñecidas e saberás actuar en consecuencia.
Tras un primeiro quilómetro cómodo, fun aumentando o ritmo ate por o máximo que eu entendía podía soster durante os dez quilómetros. Non lembraba a última vez que corría así de “rápido”, as sensacións eran boas pero sabendo que podía sentir a fatiga a non moito tardar.
Procurei controlar a respiración, fixarme un pouquiño na técnica, aproveitar a mínima baixada para recuperar un pouquiño, … pero ían pasando os quilómetros e non me viña abaixo. Ahí no 6 ou 7 notei que me costaba un pouco máis manter a velocidade e tiña que aumentar o esforzo percibido. Pero fíxeno. Seguía adiantando corredoras, saudando algún coñecido cos que compartía uns metros e a pouquiño achegándome ao final xa con moita moral pois notaba que ía ben e en todo caso a experiencia non ía ser un desastre.
O fin
Virando na depuradora faltan algo máis de dous quilómetros para a meta, virtualmente chans e moi rectos, onde intentas un último cambio de ritmo. Eu son máis de facer un último esforzo longo que non un sprint de 200m. na meta, vexo que me cunde máis en termos de clasificación e sobre todo no tempo empregado.
Aquí fun facendo unha minicarreira propia, tomeino como un test engadido para ver se me daba para chegar nun esforzo longo e sostido. A sensación era de ir ao máximo que podía, máis que por ir asfixiado, pola falta de reprís nas pernas, non sentía axilidade para aumentar máis a frecuencia. O que si notaba era que mantiña unha postura e técnica bastante aceptables e que non baixara moito o ritmo. Esto era o que eu sentía, pois en realidade estaba indo incluso un pouquiño máis rápido que antes. Mirando os datos, o último quilómetro foi o máis rápido de todos.
Meta
non puiden esprintar na recta de meta, non me daba para máis, pero alegroume moito poder manter tanto tempo o ritmo sen virme abaixo, o usei todas as forzas sabendo repartilas.
O esforzo foi intenso e levoume uns minutos recuperarme de todo, porén un pouco máis tarde e horas despois, non me sentía nada fatigado ou dorido. As sensacións son moi diferentes a correr varias horas no monte, que te deixa máis baldado dun xeito profundo, precisando máis recuperación.