XX CP Pontecesures

Facía dous meses, desde Negreira, que non participaba en ningunha competencia, corrida, carreira popular ou evento, e xa tiña gaña de sentir o ambientillo que se vive nesas mañáns de domingo.

camiseta conmemorativa e datos do reloxo

datos e camiseta conmemorativa

O día estaba perfecto para correr, sol tibio e nada de vento, aínda que bastante frío (uns 3ºC?) polo que costaba entrar en calor. Deixamolo coche en Padrón e mentras uns foron a feira mercar uns pes de repolo outros tiramos cara a Pontecesures a correr un pouco. Veume ben estos 20 minutos de trote suave ate recoller o dorsal, para ir quencendo os pés e escorrentalo frío, pero a cara realmente estaba conxelada. Ata a segunda volta da carreira non entrei ben en calor (xa dándolle con xeito). Pero ben, non me queixo, porque os pés conseguín telos quentes en todo momento para poder correr descalzo 👣.

ponte da nacional, entrada a Pontecesures

precisamente o Ulla non axuda a caldear o ambiente

Case me costaba articular as palabras (tan elocuente eu! :p ) na ringleira mentras agardábamos a recollelo dorsal e camiseta de recordo, pero daba o sol e podías comentar cómo vai o inverno coas compañeiras que hai semanas que non vía. Cada unha cos seus pequenos problemas, obxetivos para a temporada, cambios de clube,…

paseo na vila, parte do percorrido

Pasaron un par de trens (literalmente) e pouquiño despois das 11AM puxémonos todas a correr, todas en grupo, as do 4k e as que dábamos dúas voltas ao mesmo circuito (8k).

O circuito é moi chan, cunha pequena subida/baixada ata o campo de fútbol pero que se fai moi rápido, todo por asfalto e sen aglomeracións excepto as lóxical da saída.

imaxe momentos antes de botar a correr

veña a correr! botalo frío fóra!

Eu normal, como tiña os pés quentes decidín correr descalzo. Dei a primeira volta bastante tranquilo, pillando ritmo e mirando que tal estaba o asfalto (a 5’20/km) e a segunda xa con máis intención poñendo un bo ritmo sostido (4’42/km). Sen matarme, pero co tipo de adestramento que levo nas últimas semanas, orientado a Abril-Xullo, pois ter boas sensacións e non levar un golpe é o obxetivo.

Run for them

O lema da carreira de este ano, impreso na camiseta era o Run for them facendo referencia aos orfos consecuencia do ASASINATO DE TRES MULLERES por parte de un home hai uns meses en Valga.

A organización informou do recaudado e destinado a eles grazas as persoas que participamos e empresas colaboradoras.


CC BY-SA