41 Carreira Popular de Negreira

13 de novembro, 2022. A ruta no circuito homologado de 10 quilómetros que se usa nas últimas edicións.

mapa da ruta

do diario (en gemini)

Visto o que me pasou en Santiago non me sentía motivado para correr descalzo. Despois de 15 días xa tiña os pés ben (só durou un par de días a molestia) pero sentía que non era recomendable. Fun cos tenis NewBalance a facer tamén o mellor tempo posible. O día estaba bo para correr, aínda que facía algo de vento.

Non tiven problemas de saúde, pero despois do maratón estou nunha fase de estar activo pero sen adestrar. Corrín forte pero con cabeza e repartín as forzas que tiña. Fáltame moita velocidade nas pernas.

Tanto nunha carreira como noutra recuperei moi ben, pero dous días despois desta de Negreia apareceume unha molestia no xeonllo dereito, na rótula. Só o menciono, non foi a máis.

perfil da ruta

O inverno

Non creo que volva a correr ata febreiro, iso é o que sinto agora. Estou ben, pero apetéceme máis ir andar e correr menos. Había que intentar aproveitar o inverno para coller bos hábitos respecto de facer ximnasia. Non teño moita esperanza.

Creo que de carreiras xa tiven abondo. Agora a baixar o ritmo ata fin de ano.


CC BY-SA