En 2022…
Esta imaxe resume o tempo dedicado a deporte, actividades, ocio activo, etc. durante o ano 2022.
se os comparo con 2021
totalizados
seguindo o formato establecido e facer comparación directa
ano | tempo | distancia | núm. actividades(*) |
---|---|---|---|
2022 | 459 h. | 4885 km. | 421 |
2021 | 580h. | 6449,42km | 548 |
2020 | 393h. | 6623km. | 403 |
2019 | 316h. | 5007km. | 284 |
Comentario e sensacións
63 vs 95 horas de ciclismo
171 vs 173 horas de correr
180 vs 270 horas de andar
a diferencia fundamental estivo nas horas dedicadas a andar. Na primavera do ano pasado (2021) estiven moi emocionado con iso de andar, de sumar pasos, etc. Este ano seguín andando, pero fun consciente de que principalmente na segunda metade do ano andiven significativamente menos. A bici tamén a pillei menos, sobre todo no verán, que é cando ando por carretera e tamén era consciente de que a tiña abandonada. Poucas saídas fixen de forma consistente.
O tempo e distancia dedicados a correr foron prácticamente idénticos (uns 1600 km.)
Foi un ano bastante activo, non me abandonei ou parei completamente en ningún momento.
Saúde
Outro ano máis sen estar enfermo, nin un catarro chico. Vou morrer saníssimo. Os antinflamatorios/analxésicos tamén están moi controlados (de media, unha ou dúas pílulas ao mes) e sempre por cuestións agudas e concretas, en zonas diferentes, nada crónico. Se me paso de intensidade/volume, se fago algo mal,… pode doerme algo, pero raramente teño problemas.
Psicolóxicamente, respecto do deporte, estou satisfeito comigo mesmo, non me presiono e desfruto do proceso, do día a día de estar activo e adestrar, máis que dun resultado ou competición. Estar ao sol, desfrutar de poder esforzarme… segue sendo agradable 🤞.
Competición
Cada vez atráeme menos. Xa non competir, se non simplemente ir ás carreiras. Das urbanas vou ás catro ou cinco clásicas de toda a vida e por saudar á xente, que vexan que non morrín, e punto. Unha vez alí pásoo ben 😃 , pero nin de coña me preparo para competir.
Os trails ben, pero ir sempre aos mesmos sitios… tamén cansa. E ir a novas carreiras… cada vez tería que ir máis lonxe e a loxística para min créame un estrés que non compensa o desfrute. Son así, que lle vou facer 😔 Cambian a ruta, e o clima, … sempre hai motivos e fun en total a 12 carreiras (según vexo), cando normalmente ía a preto de 20.
Corrín un maratón de montaña (Portosín) e un de ruta (Coruña). O primeio foi unha experiencia moito máis satisfactoria (e dura) que a segunda, fáiseme aburrido un maratón destos, pero tamén é un reto intentar facelo ben, así que probablemente volva. Non lle teño pillado o punto de equilibrio mentalmente, non sei sufrir ese tipo de esforzo. Non sufro, en realidade.
De hoxe un ano!! 😃