50 sombras de Gregorio

Título: 50 sombras de Gregorio. Autor: Rosella Calabrò

[caption width=”260” align=”aligncenter”]portada do libro en español Portada[/caption]

Ummm, _lo malo si breve, dos veces menos malo. _ Ésta é a única virtude do libro. Trátase dunha colección de tópicos sobre as relacións de parella e a convivencia, unha caricatura do “average Joe” (Gregorio para o caso), comparando os tópicos da realidade coa pura fantasía.

Atrévome a dicir que este é un libro alimenticio, para a editorial e o autor. Esto non é demérito ningún, pero sería de agradecer que se vise un pouco máis de traballo e orixinalidade nos símiles e comparacións entre Gregorio e Grey, que está moi ben rirse dun mismo, pero eu, que non lín os libros inspiradores deste, tardei un bo anaco en atopar algo que me puxese unha sonrisa na cara, e non creo, polo xeito en que está escrito ou as situacións que describe, que tendo lido a serie de Grey, me fose a resultar máis gracioso ou entretido.

Non cabe entrar en debates sobre se é xusto meternos a todos no mesmo saco; se o imaxinario feminino é así ou asá; se esto contribúe a que pervivan certos roles; se os roles son innatos ou adquiridos (warning!); etc. Non cabe porque este libro ten menos sustancia que un Mortadelo e Filemón. En serio.

Aforra o prezo de mercar esto, aforra un pouco máis, e merca os libros de E.L.James, polo menos (moi probablemente, polo éxito que teñen) sentirás certa satisfacción e/ou gustirrinín.

Repito: un libro de humor que non resulta gracioso. Son os mismos chiste de toda a vida pero que contados ben pasas un bo anaco, pero estos parecen contados por alguén sen gracia (talento?) algunha.