Título: California83 Autor: Pepe Colubi [caption id=”” align=”aligncenter” width=”150”]Portada[/caption] Coñecín primeiro ao autor que o libro. E dubidei durante un tempo se o autor era o mesmo que xestiona unha conta de twitter co mesmo nome. Parece ser que si, pero menos mal que o estilo do libro non ten nada que ver. Afortunadamente.
O libro é unha narración de episodios independentes de sucesos acontecidos durante un ano de estudios dun español que vai a un instituto de Estados Unidos a facer o COU (o equivalente) no ano 1983. Sucesos que lle acontecen a el, está narrado desde a súa perspectiva.
O autor tira de tópicos canto pode para facer algúns chistes fáciles, pero sen abusar. É un libro de dixestión fácil, sen complicacións, pero na miña opinión faise algo longo pois a veces é algo repetitivo. O tema non da moito de si si non profundizas nos personaxes. E como non hai personaxes, só estereotipos, pois ahí queda a cousa.