Título: Nacidos para correr (Born to Run, 2009).
Autor: Christopher McDougall
Portada
Cal é a proposición neste libro? Corre, corre fácil, divírtete correndo, estás “deseñada” para correr. Do it, do it now!!
O autor é un periodista que debido ao seu traballo tivo coñecemento da existencia, por unha parte, de personas que eran capaces de correr ultramaratóns; e debido a este coñecemento chegou a ter coñecemento doutras personas,o pobo tarahaumara, que sen estar rodeadas da parafernalia comercial (que todo o aproveita) corren de xeito natural (tan natural como o dormir 8 horas) distancias similares en condicións que podemos considerar extremas sen poñer, aparentemente, en risco a súa saúde. A ausencia de cardiopatías, diabete, a maioría dos cancros,… nos tarahaumara non é por correr se non polo tipo de vida que levan, que entre outras cousas, inclúe o correr. Esto dígoo eu así de xeito explícito, pero o autor mezcla varios conceptos de xeito confuso (para min).
Por razóns históricas o pobo tarahaumara vive cultural e físicamente illados no corazón das montañas do centro-norte de México, polo que acceder ate eles para coñecelos é dificultoso en grao sumo. Este difícil acceso é tanto físico como sobre todo polo propio caracter deste pobo. Aquí é onde entra en xogo Caballo Blanco, outro personaxe do libro, que actúa como ponte entre os dous mundos pois é un gringo que atopou o seu xeito de vivir neste lugar.
O autor conta tamén parte da súa peripecia personal e de que xeito chegou a participar nun evento irrepetible como foi a carreira de 50 millas entre varios dos mellores corredores tarahaumara e media ducia de gringos escollidos. O autor tenta no libro crear un perfil de cada un dos personaxes (hai que dicir que deixa en mellor lugar a uns que a outros) para contextualizar certas decisións que deben tomar.
No libro éntrase de xeito superficial en cuestións técnicas ou fisiolóxicas (ainda que se explica o fundamento) acerca de cómo corren estas persoas, tanto os ultramaratonianos coma os tarahaumaras. Céntrase moito máis en aspectos sicolóxicos, motivacionáis e culturáis xa que, ao chegar a conclusión de que todos estamos feitos para correr, o que nos diferencia son estos aspectos mencionados.
A parte que menos me gustou do libro é a parte científica, onde narra as conversacións con varios antropólogos e cómo chegaron a conclusión de que somos máquinas de correr… moito. Non moi rápido, en comparación con outros animáis, pero sí moito tempo ou longas distancias. Non me gustou esta parte quizáis porque as explicacións que neste libro se dan non son científicas, se non simplemente o producto de anos de estudio masticados e dirixidos a consumo de analfabetos na materia (coma min). Pero repito, esto é irrelevante para o fundamento do libro, poderíase quitar e sería igoal de interesante e por suposto non podo argumentar a favor ou en contra.
Non quero deixar de mencionar que neste libro tamén se lle da un bo pau aos fabricantes de zapatillas “para correr”, sobre todo a Nike, non por ser peor que as demáis, se non por ter inventado unha solución a un problema que non existía. Por que ahí está a gracia do asunto: inventas un producto, creas un problema, e o teu producto resulta que soluciona dito problema. Mágoa que dito problema non se soluciona con ese producto, se non que se arranxa precisamente non usando dito producto. Xa son un par de libros que leo (e moitas webs) onde se citan estatísticas ao respecto do uso das zapatillas para correr e a súa relación coas lesións das personas que corren. Non atopei, polo de agora, ningún estudio onde diga que é máis sano correr amortiguado que ao xeito minimalista (permítaseme o reduccionismo da cuestión) e supoño que é porque é imposible levar a cabo dito estudio porque é IMPOSIBLE correr coa forma/técnica/estilo que se corre cando levas zapatillas amortiguadas… se non usas zapatillas amortiguadas!!. Dar cinco pasos correndo aterrizando sobre o talón é un martirio. Me se entiende?
Cada un debe correr como mellor lle sente ao seu corpo, pero hai un refrán universal que resume perfectamente a situación: NON ARRANXES O QUE NON ESTÁ ROTO. Ate o último tercio do século pasado, certas doenzas dos pes e as pernas tiñan unha incidencia mínima na sociedade. Así que realmente existe un problema cando tres cuartas partes da xente que corre se queixa de problemas físicos. E aínda así seguimos correndo!!! Algo debe ter de bo a auga cando a bendicen :P .
@s que corredes de xeito habitual xa o sabedes, pero como advertencia, por se algún iluminad@ lee esto e cambia de xeito de pensar, os cambios no xeito de correr deben ser lentos e progresivos. Vas a deixar de utilizar os teus músculos, tendóns e articulacións dun xeito para usalos de outro diferente. Debes facer unha transición suave e progresiva. Non ten nada que ver co libro, pero tiña que dicilo, pois despois veñen as lesións e os lamentos e as queixas sobre a nova técnica.
É un libro fácil de ler e ate certo punto motivamente, algunhas personas sirvéulles de inspiración, non foi o meu caso. Ou veño motivado de serie ou non lle atopei o lado místico ao libro (tampouco a éste, cagoentó!) mais é entretido e ameno.
correxín ligazóns en maio de 2021