Acompañando ao vento
Rápido! Escribo esto aínda baixo os efectos das endorfinas que fabriquei hai un anaco correndo 👣 unha hora ao xeito. Dentro de un anaco todo perderá sentido, como se fose a experiencia de un ser alleo. Rápido! que non se perda!
comezando polo final
dusty springfield - I only want to be with you
Cando corro ao xeito do corpo, case sen esforzo, cando o único esforzo é a concentración necesaria para non correr demasiado rápido, resultame moi cómodo ir escoitando algún programa de radio enlatado, un podcast. Tras rematar o anterior, saltou automáticamente El Planeador, de Diego A. Manrique. O programa está dedicado a Dusty Springfield sendo a primeira canción o éxito I only want be with you. Escribo esto a conto das endorfinas de marras, porque estaba xa no último quilómetro, co vento en contra, o sol-que-non-quenta na cara, e cantando xunto a Dusty. Non puiden máis que sorrir ao darme conta e agradecer o momento.
Tina Muir - Running for Real
A maior parte do tempo fun escoitando a Tina Muir xunto a Siri Lindley. Falaban tamén da importancia de ser conscientes do afortunados que somos as persoas que corremos (ou facemos deporte). Non se referían só a práctica deportiva recreativa como expresión de un desexo interno de mellorar, de sentirse mellor, se non como a expresión de pasar das palabras aos feitos, de ter mostrado a vontade de tomar a iniciativa e non conformarse. Eles chámanlle grit.
Cando creas que estás correndo fatal, que non vas a ningún sitio, que non vales para esto (aplíquese a calquer ámbito da vida), pensa en que tiveches valor para levantar o cu do sofá e dar ese primeiro paso.
Atopa o teu motivo, o purpose, que che dará esa enerxía para ser mellor correndo, adestrando, querendo a quen te quere, sacando adiante a familia, … o que queiras.
Acompañando ao vento
O título do artigo ven a conto do inicio da saída esta mañán. Facía vento con certa intensidade, a favor en esta primeira parte polo que só sintes unha pequena brisa e que vas moi cómodo. Sabes que ese vento vaiche pegar en todo o morro dentro dun anaco, a volta.
Why do birds make a V formation
Buscando unha imaxe para ilustrar o artigo, atopei esta de unha formación moi semellante. No artigo onde se publica explican as razóns de que voen así:
Resumindo, eficiencia aerodinámica que favorece o aforro de enerxía.
Tamén disfruto de montar en bicicleta, e si correndo o vento é molesto, xa non che digo nada na bicicleta. A sensación é de estar gastando todas as túas enerxías e nin te moves do sitio. Debido a este gasto de enerxía que se produce ao ir contra o vento (proporcional ao cadrado da velocidade, por eso multiplícase o efecto canto máis rápido vas ou che sopla o vento) sempre intentas minimizar a exposición ao mesmo cando vas en grupo poñéndote a sotavento do que levas diante.
Eran oito os cormoráns que vin, facendo case unha frecha con sete en liña e só un do lado do vento. Pensei en qué mecanismo, que instinto se activa en eles cando ao levantar o voo deciden porse a voar así. Supoño que é algo tan natural como ir andando pola sombra no mes de xullo, non fai falta nin pensalo de xeito consciente.