Rivendell? Non, A Capela.
Comentaba hai uns días que aproveitei a participación no Trail Mosteiro de Caaveiro para facer unha visita ao Mosteiro. Participei varias veces en trails na zona, e pasei xunto a el, pero nunca tivera ocasión de determe a desfrutar do lugar.
Coñece a historia do Mosteiro de San Xoán de Caaveiro na súa web e o artigo na galipedia
Ruta Camiño Vello de Caaveiro.
Ruta (moi) aproximada. Non me perdín, pero hai pequena variación ao final e un pequeno despiste. Ao final do artigo tes os tracks gps dispoñibles. sinalización xunto a igrexa de Santiago
Partindo de As Neves, concello de A Capela, seguimos a sinalización que parte da Igrexa de Santiago . Se miramos o panel que está ao inicio da ruta, xunto ao Museo Etnográfico da Capela xa nos facemos unha idea do percorrido, pero durante toda a ruta atopamos a sinalización clásica das rutas. Hai algún cruce dubidoso (eu tiven que voltar atrás), pero en caso de dúbida… colle hacia abaixo.
cruceiros na igrexa de Santiago
Escollín esta ruta por comodidade, pois sáese do lugar onde se celebra o Trail, pero na web pódese acceder a case dez rutas diferentes no parque que se combinan ao gusto de cada un segundo capacidade física e dispoñibilidade de tempo.
É unha ruta corta, pero con certo desnivel, polo que precísase un mínimo de capacidade para andar e forma física. Procura levar unha pequena botella de auga así como calzado e roupa axeitada as condicións meteorolóxicas que poidas atopar.
Pódese facer en bicicleta BTT, pero hai que ser forte e ter boa técnica se queres ir relaxado e con seguridade.
A época do ano en que visites a zona mostrarache as diversas caras da natureza
Cogumelos, novembro
O camiño
Saín costa abaixo, por camiños antigos de lousas ate chegar ao cruce (onde me despistei, ver mapa) onde comeza un desnivel máis pronunciado pero o camiño ensánchase. Vese que está preparado incluso para vehículos 4x4.
O mosteiro desde a ruta de baixada
Pronto nos metemos no bosque propiamente dito e chegamos ao rego Sesín, ao pé do Mosteiro (ver vídeo abaixo). En esta zona o camiño está menos empinado, con máis sinalización e xa notamos a cercanía do mosteiro.
O día non era caluroso (novembro) pero a ladeira está orientada ao sur e sentíase agradable tibio sol de outono.
Mosteiro de Caaveiro
Nun lugar privilexiado, de recollemento illado pero preto da vila de Pontedeume, o mosteiro xace a carón do río Eume, case no fondo do canón que labrou durante eóns na terra.
Esta configuración escarpada do terreo xunto co clima atlántico permitiron que aquí se conserve un dos mellores (e escasos) bosques autóctonos que quedan en Galiza. Así era Galiza. Afortunadamente aínda quedan lugares así agochados en Galiza, pero principalmente no século XX foise sustituíndo o bosque autóctono con especies de crecemento máis rápido que proporcionan un beneficio económico maior a curto plazo.
Aqui deixo aquí unhas fotografías da visita. Podes ver máis en este álbume en Flickr
Fotografías
Desde a ponte sobre o rego Sesín
O rego Sesín
a antedita ponte
a foto “clásica” da visita ao mosteiro, desde o adro
a vista superior, pero desde o interior de unha das residencias dos frades (a que se ve na foto superior)
Video
Rego de Sesín, ao seu paso xunto ao Mosteiro.
Ruta de retorno.
Xunto ao mosteiro conflúen varias rutas, polo que é recomendable que atendas a sinalización e collas o cruce correcto (a esquerda xusto ao pasar un pequeno bar).
Os primeiros metros son similares, pero o desnivel fai que por primeira vez acuda a suor a fronte 😂
camiño de subida, entre os carballos
A media ladeira aparece de novo o camiño, pero máis roto e difícil que a baixada, cruzamos unha estrada local (con un sinal ben grande para a ruta) e ate chegar as primeiras casas. Aquí novamente atende a sinalización porque atravesamos unha pequena aldea e ao final dela entramos nun dos tramos máis bonitos.
Parque etnográfico do Sesín
Información turística na web do conxunto etnográfico
O rego Sesín, que desfrutamos xunto ao mosteiro, aquí flúe manso nunha zona con menor desnivel pero co suficiente para que desde sempre fose aproveitado para diversas actividades humanas.
O souto que o rodea produce castañas (comercio, alimentación humana e para os animáis da granxa); o río co desnivel aporta forza motriz para os muíños (para o millo, trigo, castañas, centeo, avea,…); e tamén os ferreiros traballaban o metal e queimaban raíces (madeira) para facer carbón.
Actualmente a zona foi recuperada para o turismo e a educación das persoas, quedou un fermoso e corto paseo para desfrutar todo o ano, apreciando a transparencia da auga, o son, os paxaros, as cores,…Vir en diferentes épocas do ano resultará interesante.
Volta As Neves
Saíndo do parque etnográfico desvieime un pouco da ruta oficial, seguín o camiño que fixemos no Trail (por ser algo máis directo), pero xa estamos preto das casas novamente e non hai perda posible no camiño.
+ info
Como referencia tes estes dous tracks
Roteiro en wikiloc tamén en wikiloc
como podes ver son moi similares, e algúns mostran pequenos desvíos a unhas fervenzas no río Sesín que tamén se poden visitar.
Aquí o álbume de fotos completo en Flickr
Web con información turística do Parque natural Fragas do Eume
en outros blogs
Podemos alongar a ruta uníndoa a outras