Un día na vida de… Bast. Outro día máis, pero este máis breve.
Título: El árbol del relámpago
Autor: Patrick Ruthfuss
Con moito tempo libre e pouco ánimo para atender as súas obrigas e estudar, porén Bast ten moitos asuntos nos que ocupar o día.
Se axudar ó seu mestre na pousada lle daba acceso ás historias e laretadas da comarca, a través dun servizo de consultoría infantil coñece canto conto poida haber.
Aproveitando o inxenio, capacidade organizativa e proxección estratéxica, argalla en beneficio propio facendo que as cousas acontezan de determinado xeito, e manténdose sempre fóra do foco.
Historias triviais que Bast tece durante un día calquera, e que nun relato breve debuxan un sen fin de personaxes, dándolle unha pincelada de contexto a cada un, suficiente para completar o cadro.
Probablemente parte do contexto se reciba de El nombre del viento e El temor de un hombre sabio, pero creo que calquera desfrutará deste relato, incluído na recopilación Rogues a xeito de regalo para aquelas que agardamos a que algún día remate a Crónica do asasino de reis: The doors of stone (yet to be published).
Do mesmo xeito, podes desfrutar de Auri en La música del silencio, outro relato breve a conto dun personaxe secundario das novelas.
Máis info: The lightning tree