El Crisol - Arthur Miller

Social Media in a nutshell

Social Media on steroids

Está tó inventao

Título: El Crisol (The Crucible, 1953)

Autor: Arthur Miller

imaxe ilustrativa

imaxe na wikipedia ilustrando The Crucible

A partir dos sucesos acontecidos en Salem (EEUU) en 1692 Artur Miller escribe unha representación teatral na que destila os puntos clave, as razóns e motivacións que ó seu entender provocaron aquel sen sentido.

Na edición que lin, o autor intercala breves explicacións que dan contexto ó lido, afondando nas personalidades e particularidades dos diferentes actores. Tamén, e de xeito máis explícito que na obra, coñecemos as súas posibles motivacións e sobre todo coñecemos o contexto histórico, e o marco moral da sociedade que tiñan construído.

Igualmente, e na súa opinión, describe como certos comportamentos e o antedito marco moral, permanecen vivos na sociedade estadounidense marcando aínda hoxe (S.XXI) moitas das decisións políticas e a vida cotiá.

representación da obra

“The Crucible 2153” by Mraz Center for the Performing Arts is licensed under CC BY-NC 2.0

Argumento

A finais do século XVII, en Massachuses (EEUU), nunha vila/comunidade formada por persoas dunha estrita moral relixiosa, onde as leis para as persoas viñan destiladas directamente da Biblia, deuse unha cadea de acontecementos que levaron á sospeita indiscriminada e finalmente á acusación de bruxería para dúcias de cidadáns. Delito penado coa morte.

A espiral de paranoia alimentábase do fervor relixioso, da cobiza e o medo.

ilustración da wikipedia sobre o xuizo

na wikipedia, ilustración de 1849. Ligazón

Comentario

O máis interesante é comprobar como este é un exemplo máis da natureza humana, onde a cobiza é a chispa que inicia o lume e o medo o combustible que o alimenta. O termo cobiza, neste contexto, non se refire exclusivamente á económica, se non a unha forma de desexar o mal alleo por interese particular.

O dramatismo e intensidade en catro actos van in crescendo, encamiñándote a un desenlace incerto ata o último intre.

Os medios e as ferramentas cambian, pero nós non.

Ligazóns

Paga a pena revisar os contidos de The Arthur Miller Society referidos a esta obra.

Arthur Miller na wikipedia


CC BY-SA