[‘Así trafiqué 31 tortugas bebé para un vídeo de Amaral’ | Cultura | EL MUNDO](http://www.elmundo.es/cultura/2014/08/29/54007015e2704ed37d8b4582.html). |
Este artigo é de opinión.** A miña.**
Está mal utilizar unha especie animal en perigo de extinción para… o que sexa, incluído facer un vídeo musical.
Está mal aproveitar un feito totalmente alleo ao citados (atrévome a decilo) para atizarlles porque non compartes a súa ideoloxía, para simplemente desacreditar a súa faceta de xente comprometida na defensa das súas ideas porque non son as túas.
Estou suscrito a varias Fontes RSS, entre elas a de “Cultura de El Mundo”. Ate hoxe. Si xa o titular me parece o típico exemplo de titular garfo (truco barato) empleando xuntas as palabras “traficar” e “bebé”, engádase tamén o nome de un grupo moi coñecido en España e América tanto polo seu traballo musical como pola implicación personal en campañas de apoio a causas sociáis.
Resumido, a nova ven a dicir que a productora do vídeo musical para unha canción contratou a outra persona para que lle conseguise tartarugas pequeniñas. Resulta que esas tartaruguiñas están en perigo de extinción. Alguén no seu sano xuizo cree que Amaral (Eva e Juan) tiñan coñecemento de que esas tartarugas estaban protexidas?
Lendo a noticia parecese que a productora pedise explícitamente dita especie de tartaruga ou peor, que Amaral pideu esas tartarugas para o seu video. Amaral, esos cínicos e hipócritas asasinos de tartarugas. Non sei en qué condicións se levou a cabo a rodaxe do video promocional, pero** escribo esto polo feito periodístico, non por ter utilizado unha especie protexida. Creo que son feitos independentes** que merecen unha valoración propia sin que esta opinión lle reste relevancia a utilizar as tartarugas indebidamente. Hai situacións na que é axeitado e ven ao caso utilizar animáis? É ético?
Esto esquecereino dentro duns días, igoal que a nova, pero non creo pecar de susceptible cando leo novas redactadas de este xeito. Que outros tamén o fan? por suposto, é un mal extendido, pero hoxe sentín a necesidade de denuncialo públicamente. Non o fago na súa web pois non estou dado de alta como usuario.