The call of the wild - Jack London

Título: The call of the wild

Autor: Jack London

portada

The Call of the Wild tells the tale of a domesticated dog stolen from his California family and sold to sledders in Alaska. As he adapts to the harsh and wild environment, he slowly sheds domestication and returns to his primal roots.

Narrado en terceira persoa desde a perspectiva dun can o relato é totalmente inmersivo. Desde o primeiro momento, describindo a miseria do seu rapto cando desfrutaba dunha vida regalada ata os momentos de epifanía cando comeza a sentir que rexurde a súa verdadeira esencia.

O relato non decae en ningún momento, nin se perde en reviravoltas que non levan a ningures, se non que seguimos a ruta que sinala o destino do can.

A natureza de Alaska, fermosa na súa inclemencia, e a dura vida das persoas que viven e buscaban fortuna nesa remota rexión dan contexto a unha historia de resistencia e supervivencia onde tamén caben o respecto e o cariño.

John Thornton would reverently exclaim: "God! you can all but speak!" — The Call of the Wild por Jack London (Páxina 90)

Fáltache falar!

Descarga o libro

Citas desde bookrastinating


CC BY-SA