Onte a tiven a sorte de voltar a ver esta película (La gata sobre el tejado de zinc)
A historia xira entorno a familia de “Big” Daddy, un potentado de Mississippi, que se reúne no cumpleanos de este máis para repartir a herencia que para celebrar o aniversario. Brick (Paul Newman), casado con Maggie (Liz Taylor), non está interesado en absoluto na herencia e dedica o seu tempo a estar bébedo para esquecer ou aliviar o tormento que o consume. Maggie intenta recuperar o seu home, pois necesítao para poder seguir nunha familia con cartos. Non sabemos durante toda a película qué parte é amor sincero e canto de interese propio. Esta dúbida é preciosa, queres estar con Maggie, pero sempre di algo con picardía, maldade, que te fai dubidar de si se está defendendo da cuñada ou se é unha lagarta coma a outra.
Xa desde o inicio sabemos que Brick está totalmente trastornado cando Maggie intenta seducilo. Abofé que o intenta. Non podes pensar outra cousa que “Brick, deixa o wisky Brick, mira a Maggie Brick. Estás tonto Brick?”
Segundo avanza o filme coñecemos o porqué dos problemas coa bebida, cómo a hipocresía e a avaricia van pudrindo as relacións familiares e cómo se van revelando os caracteres dos protagonistas. O guión vai suxerindo moitos temas sobre as relacións personais en momentos de dificultade, pero tamén sobre aspectos da sociedade sureña (non son casualidade os planos dos servintes negros), o politiqueo local, etc.
Por qué esta entrada no blog?
Escribo esta entrada no blog porque resultábame difícil deixar de mirar directamente a Paul Newman e Liz Taylor. En aquel momento (1958) xa eran todo o famosos que se pode ser e o seu nome aseguraba a taquilla.** A xente iba, vai, ao cine a velos a eles.** O director abusa de primeiros planos de ambos pero sendo unha película de actores, unha película onde o seu traballo era a base para sacar o producto adiante, non parece un abuso telos sempre presentes. Eles aguantan perfectamente esa sobreexposición. Probablemente sexa mitomanía pola miña parte, pero o seu magnetismo, cómo te atraen resulta inquietante. Íballe facendo caso a película, pero a vista sempre iba hacia eles. Repito que esto non é casualidade, a película está feita así, para eso. [caption id=”attachment_2233” align=”aligncenter” width=”300”] CAT ON A HOT TIN ROOF, Elizabeth Taylor, 1958.[/caption]
Máis aló de razóns personáis a película está moi ben fiada e conta con uns actores de primeira. Paga pena perder un par de horas con ela.
Gracias TCM. Este película está dentro do ciclo dedicado a Elisabeth Taylor no 5º Aniversario do seu pasamento.
Si este artigo resulta do teu interese podes comentar o que che pareza utilizando o formulario inferior. Tamén podes compartilo nas túas redes sociáis utilizando as seguintes ligazóns.