Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas

Título: Memorias dun neno labrego (1961)

Autor: Xosé Neira Vilas

[caption id=”attachment_2219” align=”aligncenter” width=”197”]Portada 60º aniversario Portada 60º aniversario[/caption]

Meu pai pertence a unha xeración posterior a Neira Vilas, pero varias das historias que nos conta Balbino semellan vividas por el, así que as leo, pero xa sei qué me está contando Balbino e coñezo tamén o subtexto implícito. Son historias compartidas por ser descrición de unha época, de unhas relacións sociais entre posuidores da terra e quen a traballaba; do estatus do clero; a economía de subsistencia na aldea e de como quen podía emigraba dirección a un futuro mellor. Ou polo menos un futoro con oportunidades, que era o que Balbino non vía para si.

A edición que lin trae un prefacio interesante, laudatorio en exceso como me parecen todos, pero do que quero poñer aquí uns extractos pois axudan a comprensión e relevancia da obra.
Os resaltados, onde aparecen, son meus.

> > Para miles de lectores —culturalizados noutro idioma e na **autosubestimación lingüística**— foi unha revelación, unha «revolucionaria» revelación: xa lido o **fermoso** relato, centos e centos de persoas da xente do común descubriron que con dúas realidades desestimadas —**a lingua galega e a aldea**— podía construírse un relato que xeraba nos lectores, ademais de emoción, clara conciencia de **dignidade**. > >

Con respecto ao pan de millo (boroa) e o postureo actual

> > _Os fillos dos Balbinos_, se hoxe son médicos ou avogados, cando, por espírito **folclórico**, queren, algún día, xantar con boroa, encárgana nun restaurante fino da cidade. Os fillos destes médicos, os escolares de hoxe, non saben o dramatismo das páxinas das Memorias —tres polo menos— en que aparece, protagonizándoas, o termo pantrigo, aquel cobizado manxar de 1940. > >

Cantas veces me ten contado meu pai o do pan de millo nunha cunca cun auga rara de caldo. A dieta básica.

Xa na novela

vemos mostras de costumbrismo que chegaron a hoxe

> > Era Pachín, o can. > >

Non haberá un recopilatorio de nomes de can galegos?

os beatos/as, que xa daquela merecían destaque como tales na novela e que non por casualidade son resaltados como unha anormalidade, na miña opinión, pois non todo o mundo era “tan cristiano” senón que como hoxe, coma sempre, a maioría da xente cre o que quere crer e respeta o que cren ou deixan de crer os outros. O problema é cando alguén se emperra en que todos creamos o que eles cren e ademáis tes que facer demostración pública. Sexa a creencia que sexa, máis no contexto que nos atingue falamos dos rectos cristianos.

> > Teus pais son boa xente pero andan moi apegados á cera > >

Balbino é tamén crítico con este sentimento dentro da propia familia.

E tamén coa hipocresía

> > A xente por dentro debe andar triste ou leda por outras cousas, pero non cando llo manda o almanaque. > >

non era Balbino moi amigo da xente que aparenta o que non é, como rapaz sentíase confundido por non dominar os artes do comportamento social e as súas servidumes.

> > Por fin moscou o gando. > >

Tradución: erguíaste aínda de noite; comías algo que quedase da noite anterior, se quedara algo; collías as vacas e tirabas para o monte para que pacesen nos arrós. Ate que, xa co sol alto e calor, viñan as moscas e podías levar a vacas de volta. As vacas non son amigas das moscas, nespras, abellóns,…

Quizáis estou poñendo demasiados párrafos do libro. Pero, en san Xoán…

> > Aquela tarde —primeira vez que me deixaban ir— deprendín para sempre a escoller as plantas sacras: estalotes, herba de Santa María, faísca verde, follas de castiñeiro e de bieiteiro, ponlas de oliva, codesos, follas de loureiro, trobiscos, ponlas de nogueira, rosas de nabo e de romeu… > >

con refrán incluído

> > Sálvame lume da San Xoán. Que non me morda nin cobra nin can. > >

En conclusión

> > E a min dóeme. Dóeme que a xente ande polo mundo como andan as vacas e os burros: procurando soamente o pesebre. > >

Balbino.

Si che resultou interesante podes compartir esta reseña utilizando os botóns da parte inferior. Se queres facer algún comentario ao respecto utiliza o formulario de máis abaixo. Gracias ;)