Engade información verificada de xeito doado a OSM
Dun xeito doado e divertido podes axudar á túa comunidade mellorando a información xeográfica libre.
As persoas que nos gusta facer actividades deportivas como andar, correr ou pasear en bicicleta temos tamén certa predisposición a gravar as nosas actividades con dispositivos con receptor gps. Sexa pola razón que cada quen considere oportuna, moitas temos centos de trazas gps subidas en páxinas web ou almacenadas no noso dispositivo.
Con relativa frecuencia, ao ver esa información nun mapa, dámonos conta que a información non é totalmente correcta. Existen pequenos erros como o tipo de superficie dun camiño ou que directamente non existe no mapa o camiño polo que acabamos de pasar.
moitos servizos comerciais utilizan OpenStreetMap
Grazas ao proxecto aberto e colaborativo de OpenStreetMap (OSM) calquera persoa sen coñecementos técnicos pode colaborar e mellorar os mapas. Vexamos como.
StreetComplete
fácil e entretido, un xogo!
Visita o sitio web de StreetComplete
O xogo consiste en ir completando a información que che solicita a app ao tempo que te vas movendo pola túa cidade, vila ou onde estiveses.
Aparecen iconas de diferente tipo que ao premer nelas emerxe unha pregunta.
Exemplo
esta rúa está iluminada?. Entón miras ao teu arredor e contestas cunha das alternativas propostas (si, non ou non o sei).
Pode ser acerca do tipo de beirarúa, a superficie do camiño, acerca dos pasos de peóns, o tipo de árbores, o tipo de edificio, … e así con todo.
Ti podes colaborar enviando información sobre accesibilidade e mobiliario urbano
é accesible este local se utilizo cadeira de rodas?
Desde a versión 4.0 podes incluso engadir fotografías ás notas dun lugar
Para que as túas edicións sexan enviadas a OSM tes que crear unha conta en OpenStreetMap e utilizar o teu nome de usuaria e contrasinal na aplicación.
Nunca usei o xogo aquel de ir buscando bichos polas rúas (ou algo así) que tanto éxito tivera hai uns anos, esta é algo semellante pero útil. Convídote a instalar StreetComplete, dispoñible en f-droid e na Tenda de Google.
Simple! 👍 Adictivo! 😅 Divertido 👌
A seguir…
na segunda parte do artigo cóntoche cómo utilizar os datos que gravas durante actividades de ocio (bici, andar, correr, neve, …) para engadir información e mellorar OpenStreetMap.
Recursos e axuda
- Aprende a utilizar OpenStreetMap
- StreetComplete na wiki de OpenStreetMap
- Wiki de OpenStreetMap en Galego