Primeira Parte de Colabora con OpenStreetMap, onde xogamos con StreetComplete.
Editor Web “iD”
…e todas esas rutas gravadas polo teu reloxo ou dispositivo móbil?
Pódelas subir a OpenStreetMap de xeito público para que calquera poida editar o mapa grazas a ela; ou de xeito máis privado de forma que só ti poidas utilizala.
En calquera caso, unha vez subida, verás esa traza sobreimpresa no mapa (podendo escoller a imaxe de fondo) e a partir dela engadir novos tramos que non están nel ou información relevante.
Se utilizas unha aplicación libre para android para o rexistro de rutas, como FitoTrack (por exemplo) terás un ficheiro tipo .gpx para subir a OpenStreetMap
FitoTrack no teu android
Se utilizas un reloxo con gps terás acceso tamén a este ficheiro directamente no dispositivo ou ben a través da aplicación (web, móbil,…) que o xestiona. É un ficheiro teu, non da empresa do trebello por moito que algunhas o agochen.
Outra alternativa libre para Android é Opentracks.
Exporta o ficheiro gravado
Unha vez tes o ficheiro gpx súbeo á túa conta en OpenStreetMap e
edítao na súa web
vídeo co proceso, con subtítulos.
- subir ficheiro .gpx
- entrar no editor
- axustar/correxir a ruta aliñando os puntos ou engandindo elementos
- gardar os cambios (arriba a dereita).
Trátase de ir debuxando co rato, guiándote pola traza gps que ti gravaches e engadir a información a través do menú e asistente no lateral esquerdo. Non tes que completar tódolos campos, só aqueles dos que coñezas o seu valor ou entendas o tipo de información que pide. En caso de dúbidas déixao sen completar (esto é o que probablemente despois pregunta StreetComplete.
Tamén podes elexir a opción “facer que alguén revise a miña edición”, para maior tranquilidade e evitar erros importantes.
Horas (ou días despois) esa información estará dispoñible de xeito libre para todo o mundo e ti terás mellores mapas para utilizar na zona en que realizas actividades.
Anímate a colaborar con OpenStreetMap.
Vídeo orixinal de Adam Franco