Cometa NEOWISE
Cometa C/2020 F3, NEOWISE, visto por primeira vez en Marzo de 2020, converteuse en Xullo nun dos de maior luminosidade, prácticamente visible a ollo nu en lugares sen contaminación lumínica.
O seu paso foi visible desde o hemisferio norte primeiro antes do amencer e posteriormente, desde mediados de mes, tras o solpor.
Agardei un par de días para facerlle unhas fotos a partir das once da noite, mirando ó N-NW.
f4, 10s, ISO1600, 45mm (equiv.35mm), jpg directo da cámara.
En tamaño reducido case non se nota, pero 10 segundos é unha exposición demasiado longa e aparece o movemento das estrelas e o cometa.
f4, 10s, ISO1600, 83mm (equiv.35mm), jpg directo da cámara.
f6.5, 8s, ISO800, 83mm (equiv.35mm)
Ó día seguinte probei cun ISO máis pequeno e era un pouco máis cedo (máis luz) para intentar evitar un pouco do ruído das imaxes anteriores. Aínda que o ceo non estaba tan laranxa, esta imaxe tamén está retocada externamente (niveis), para aumentar o contraste oscurecendo o ceo.
Apréciase claramente cómo o cometa ó día seguinte está un pouco máis ó oeste e un pouco máis alto sobre o horizonte, tendo en conta a posición das estrelas (e tamén da silueta dos pinos). Tamén se ve que a súa luminosidade é menor.
día 15
día 16
- Cámara Fujifilm X-E2, jpg simulación Provia nas fotos 1 e 2.
- Obxetivo Fujinon XC 18-55
- Trípode Manfrotto PIXI-B
No ceo do día 15
imaxe ampliada onde se ve fácilmente a referencia das dúas estreliñas xuntas
unha visión máis xeral
Imaxes grazas a theskylive.com, preme para ver e mover o mapa.
Na wikipedia
By SimgDe - Own work, CC BY-SA 4.0, Link