Cómo nos venden la moto - Noam Chomsky & Ignacio Ramonet

Título: Cómo nos venden la moto (1995) Autores: Noam Chomsky e Ignacio Ramonet

[caption width=”400” align=”aligncenter”] Portada en epublibre[/caption]

Outro mundo é posible. Probablemente mellor, ainda que non hai certeza ao respecto, pero como este no que vivimos non nos saíu moi ben, mellor ir explorando alternativas para despóis.

_De todas las ilusiones la más peligrosa consiste en pensar que no existe sino una sola realidad._ _**Paul Watzlawick**_

Informarse cansa. É máis doado deixarse levar ao precipicio. Incluso sendo consciente de que vas ao precipicio. Este feito é explotado primeiro criando cidadáns(?) que non teñen interese en estar informados e cidadáns que a pesar de estar informados teñen medo. A todo, ao cambio, ao diferente. Incluso temos medo de xuntarnos aos que teñen os mesmos intereses que nos, a agruparnos e asociarnos.

Los individuos tienen que estar atomizados, segregados y solos; no puede ser que pretendan organizarse, porque en ese caso podrían convertirse en algo más que simples espectadores **pasivos**.

Non é un ensaio cínico nin falto de perspectivas para o futuro, se non que analiza o xeito en que principalmente desde inicios do século XX se trata de xeito científico o control de masas en interese de unha élite instruída (no beneficio propio) e dona dos medios de producción e o poder político, sendo este só nominalmente unha emanación do pobo. As ferramenta é a propaganda desviando o punto de mira dos intereses cidadáns.

movilizar a la opinión pública a favor de conceptos vacíos de contenido, como _el orgullo de ser americano._ ¿Quién puede estar en contra de esto? O la armonía.

establece un xeito de vida tal que

lo único que tiene **valor en la vida es poder consumir** cada vez más y mejor y vivir igual que esta familia de clase media que aparece en la pantalla y exhibir valores como la armonía y el orgullo americano.

Si acaso un anhelo común é ese abstracto de felicidade, coincideremos en que os cartos nada teñen que ver na súa consecución a non ser que a súa posesión (en si mesmo ou en propiedades) sexa o fin último.

Ese grupo dirixente crea a ficción da alternancia política e a ilusión da posiblidade de libre elección.

Los dos partidos eran dos facciones del partido del poder financiero y empresarial.

A metáfora de encamiñarnos a un precipio nin siquera se plantexa como hipótese, se non como certeza, e a propia propaganda ou publicidade encárgase de vaciar de contido a conceptos que poderiamos ter por superiores desde o tempo en que a cultura foi creada (como ben común). Ao mesmo tempo, elévanse novos valores ao altar en función do interese xa exposto.

Este pequeño gesto que mata, a la larga, **se banaliza e irrealiza la idea misma de la muerte,** pilar, no obstante, de la filosofía y de la religión en todas las civilizaciones.

E como estamos saturados de propaganda, deixámonos levar corrente abaixo

La cuestión de saber si el publicista dice la verdad o no, ni siquiera se plantea.

é dicir, sabemos que minte ou cando menos terxiversa. E conségueo simplificando, reducindo e masticando por nos unha realidade complexa, difícil de abranguir e coa que vivir. Os medios fan o traballo de informarnos e pensar por nos.

El objetivo prioritario para el ciudadano, su satisfacción, ya no es comprender el alcance de un acontecimiento, sino simplemente verlo,
¿Y cómo pretender que todo acontecimiento, por muy abstracto que sea, debe necesariamente presentar una parte visible, mostrable, televisable? Esto trae consigo una emblematización reductora, cada vez más frecuente, de acontecimientos con carácter complejo.
el informativo televisado, estructurado como una ficción, no está hecho para informar,** sino para distraer.**

Acaso hai dúbidas ao respecto?

Lembremos que este ensaio está escrito en 1995, internet é mencionado nel, pero a súa omnipresencia e difusión non era a actual; as redes sociáis (virtuais) non estaban nin siquera previstas; e o xeito en que a televisión evolucionou somentes era intuído aínda que de xeito preciso.

Máis información

Artigos de Ignacio Ramonet en www.rebelion.org

Attac

De Noam Chomsky tamén lin Las intenciones del Tío Sam. Pronto a reseña.