Strava vídeo resumo 2016

**O meu 2016 **nunha pequena animación que nos envía Strava

[embed]https://youtu.be/3VcNhF20sfw[/embed]

Con respecto ao ano pasado, estas son as diferenzas (en números)

Comparando

2016 bici 2418km (+528 km) correr 1612km (-363 km) 281 horas 40 minutos (+7 horas) 2015 bici 1890km correr 1975km 274 horas 35 minutos

Son número moi similares, pero dándolle máis días a bicicleta como xa fixen o ano pasado. Non é algo que busque intencionadamente pero sí que me apetece pillar a bici. Ademáis creo que me axuda a ter mellor saúde para poder correr sin lesións. Non lembro ter tido ningunha lesión en todo o ano., máis aló de algunha rozadura, algunha dor ocasional, pero nada que me impedise facer algo de deporte cada semana ou ter un parón.

A motivación vai e ben e non sempre apetece adestrar, pero si saír ahí fora aínda que sexa un anaquiño. A esta función contribúe especialmente o correr descalzo, que este ano fixen os 1000km desde que os conto, pois resulta liberador e sumamente agradable (normalmente).

[embed]http://imgur.com/ULPO6xT[/embed]

Participei en 22 carreiras populares tanto por asfalto, monte, cross e por primeira vez nun duatlón-cross (Vimianzo). Estos números tamén están dentro da media habitual (quizáis por arriba) e sigo quedando cada vez máis atrás, como é lóxico debido a cómo adestro e a mentalidade que teño. Estiven a punto de inscribirme para un par de marchas ciclistas, pero vaia, non me vexo.

A valoración que fago é positiva e nunca peor que hoxe.