Visibilizando a bicicleta

Paseo en bicicleta polas rúas de Compostela

co obxectivo de dar protagonismo á bicicleta nas rúas de Compostela, onte reunímonos unhas dúcias de persoas, grandes e pequenas, para dar un paseo todas xuntas.

imaxe da parada preto da Cidade da  Cultura

_parte do grupo tomando un refrixerio, preto da Cidade da Cultura

Composcleta

Asociación Cívica Composcleta

é unha asociación sen ánimo de lucro. Nace no ano 2013 coas seguintes fins fundamentais:

  • Promover a bicicleta como medio de transporte urbano.
  • Realizar actividades formativas, informativas, lúdicas, culturais, promocionais e divulgativas sobre mobilidade sustentable. Asociación Cívica Composcleta é socia de ConBici - Coordinadora en defensa de la bici

fomos convocadas a reivindicar un espazo na cidade, o respecto, aprender a utilizar a vía pública e demostrar que Santiago é unha cidade ciclable, que non hai costas imposibles nin atrancos insalvables.

Pero, é precisa a implicación das institucións públicas para proporcionar infraestructuras que apoien esta forma de transporte.

O paseo

imaxe da ruta

foi agradable compartir este par de horas coas outras familias e agradecer a Composcleta que organice estas xuntanzas (que antes da pandemia eran mensuais) así como a colaboración da policía municipal.

Creo que todos aprendemos algo, sexa a circular en grupo, aprender que hai que ter a bici en orde de funcionamento (inflar as rodas ben, altura correcta do sillín, …), a manexar as velocidades, respectar a distancia cos demáis vehículos, mirar e facerse ver, … Sempre hai alguén nun coche que non o leva ben, iso sempre.

Quero mostrar admiración por todas aquelas persoas que usan a bici a diario como forma de desprazarse na cidade. Un da aldea coma min, que normalmente anda en bici por divertimento, ve preocupacións e perigos en cada xiro, costaríame moito chegar a ir tranquilo en bicicleta por unha cidade (incluso pequena, nun domingo, como Compostela).

Para coñecer máis, visita conbici.org.


CC BY-SA

Comentarios

Utiliza a túa conta no fediverso // Comment using your fediverse account.

Responder/Reply