Trail de Outes, 2022.
Sudida ao Tremuzo
TL;DR
Nos días previos establecín un Plan de Carreira.
- Km0: seguir o Plan.
- Km2: ATPC o Plan 🔥 😅
A Carreira
Saíndo do paseo no porto de O Freixo, en Outes había que subir ao cúmio do monte Tremuzo, por camiños naturais, seguindo o curso dalgún regueiro, subindo/baixando por carballeiras e algún pinar,… ata chegar ao último tramo onde había que gateñar polas pedras e a pendende era máis pronunciada.
vista do Tremuzo desde a zona de saída
Unha baixada moi rápida, onde podías correr de xeito contínuo, e volta no porto. Só 15 quilómetros e algo menos de 600m. de desnivel positivo acumulado.
Técnicamente non era unha ruta complicada, quizás algunha baixada pronunciada co moita folla solta, algún tramo de lousas con auga onde había que ir con xeito, pero moi asequible para todo o mundo.
aquí cruzando un regueiro
Estas carreiras teñen tamén ese carácter accesible para todo mundo, para que persoas que non están afeitas a correr polo monte se acheguen e proben sen temor.
A miña carreira
Desde novembro non facía este tipo de esforzos. Estiven activo, pero foron máis de dous meses sen esforzarme tanto e durante tanto tempo. Con todo, leveino ben.
Como digo arriba, tiña un plan. Saír atrás de todo, para coller o atasco inicial e así non lanzarme a lo loco, e facer todo o recorrido de xeito controlado e tranquilo. Non amodo, pero si notando que deixaba un marxe. A idea detrás desto é ir collendo o ritmo que necesitarei usar dentro duns meses.
Só fun capaz de seguir o plan os dous primeiros quilómetros.
Facía sol, arredor duns 15ºC, e non me doía nada, non me sentía mal, e correr polos carreiros sempre é divertido. Cando me dei conta, de xeito non premeditado, estaba correndo a tope. A “tope” non, pero sin con máis esforzo do que correspondía, como se non tivese un plan.
a escasos metros do punto xeodésico do Tremuzo
Noto que non teño o nivel que pretendo, lóxicamente, pero sentínme ben, sentía que cando tiña un pequeno respiro recuperaba ben a respiración. Probablemente todas estas semanas de esforzo suave contribúen a isto.
Na baixada final, correndo coas fivefingers vinme un pouco limitado. Están moi cedidas e gastadas e teño que admitir que xa non serven para vir ás carreiras. Para adestrar e ir por camiños coñecidos aínda seguirei usándoas, pero para competir teño que deixalas na casa. Menos mal que tampouco fun correr coas sandalias (valoreino).
vistas desde o alto, monte Louro ao final da ría
Ao vir a unha carreira xa teño unha estimación obxectiva do meu estado de forma. Lendo a clasificación quedei preto do podio femenino, non lonxe, e na primeira metade da clasificación. É dicir, máis ou menos onde sempre. Non quere dicir isto moito, pero recoñezo que me da certa tranquilidade saber que manteño o meu nivel incluso sen adestrar específicamente para esta carreira.
Resumo
Facía moi bo día de sol, fomos 197 chegadas a meta, as medidas anti-covid foron mínimas (máscara ao inicio e final), non levei un golpe, sentinme ben (en xeral), e na hora de escribir isto non me doe nada. Vin pouca xente coñecida, non sei se irían a outras carreiras que había, pero algúns habituais da comarca non estaban.
Vou mirar o calendario e buscar algo para febreiro e ir adestrando cun puntiño máis de intensidade
Imaxes durante a carreira Circuito de carreiras trailseries.run