Títulos: El nombre del viento e El temor de un hombre sabio
Autor:Patrick Rothfuss
O sobretítulo Crónica del Asesino de Reyes fai referencia a historia de Kvothe. Ate o momento están publicados os dous primeiros libros de dita crónica. Esperei a rematar de ler os dous libros para escribir unha opinión conxunta.
Os libros teñen unha liña temporal que transcurre no presente na que Kvothe está contándolle a súa historia a Cronista para que éste a pase a papel.
Este é o traballo de Cronista: transmitir o que Kvothe lle conta desde un punto de vista personal. _Cada un conta a feira como lle foi nela.
Por unha parte temos o tempo presente onde se prodúcen certos acontecementos relacionados co pasado do protagonista que pouco a pouco, ao coñecer esta historia desde a perspectiva de Kvothe, podemos ir relacionando de xeito máis preciso. A maior parte dos libros dedícanse a relatar a vida do propio Kvothe desde neno. Esta é a segunda liña temporal dos libros.
Xeográficamente sitúase nun territorio imaxinado, con territorios pertencentes a reinos diferentes que van sendo descritos como de pasada durante a historia, pero son descritos máis atendendo as súas xentes, contumes, tradicións, que a súa xeografía propiamente dita.
Tecnolóxicamente poderíamos situar a Crónica, buscando unha similitude coa civilización occidental, na época da Ilustración, con élites eruditas, amplos coñecementos científicos, e un pobo analfabeto. É unha época claramente preindustrial pero onde esas élites dominan certas forzas e poseen certos coñecementos que os dotan de grandes poderes. Digamos que ésta é a parte fantástica da historia.
Aparecen seres fantásticos, demos, seres poseídos,… pero afortunadamente con moderación. Na miña opinión.
El nombre del viento
“Portada de El nombre del viento”, edición 10º aniversario.
Sinopse
Copio e pego de amazon.es
Viajé, amé, perdí, confié y me traicionaron.” En una posada en tierra de nadie, un hombre se dispone a relatar, por primera vez, la auténtica historia de su vida. Una historia que únicamente él conoce y que ha quedado diluida tras los rumores, las conjeturas y los cuentos de taberna que le han convertido en un personaje legendario a quien todos daban ya por muerto: Kvothe… músico, mendigo, ladrón, estudiante, mago, héroe y asesino. Ahora revelará la verdad sobre sí mismo. Y para ello debe empezar por el principio: su infancia en una troupe de artistas itinerantes, los años malviviendo como un ladronzuelo en las calles de una gran ciudad, y su llegada a una universidad donde esperaba encontrar todas las respuestas que había estado buscando. Atípica, profunda y sincera, El nombre del viento es una novela de aventuras, de historias dentro de otras historias, de misterio, de amistad, de amor, de magia y de superación, escrita con la mano de un poeta y que ha deslumbrado -por su originalidad y la maestría con que está narrada- a todos los que la han leído.
Neste primeiro libro conta a infancia de Kvothe, cómo medrou viaxando na troupe dos seus pais e como xa desde novo a súa curiosidade e capacidade de aprender de todo o que o rodea modelaron o seu carácter. Describe con cariño a relación coa súa familia, entendida ésta como os seres queridos, non só os pais, sendo esta a parte máis lograda deste primeiro volume. Na miña opinión. Os libros son grandes, largos, pois estamos lendo a vida dunha persona. E nese relato hai cousas máis entretidas e cousas máis aburridas. Creo que o autor deténse demasiado tempo en acontecementos, aparentemente, irrelevantes para o libro, pero lévanse ben pois resulta agradable e fácil de ler en xeral.
Imos coñecendo os protagonistas da historia a medida que os acontecementos se suceden, nas dúas liñas temporáis. Tanto nos lugares pero sobre todo nas personas, o autor céntrase máis en describir os aspectos da personalidade e as motivacións que as características físicas. A min gústame máis así, deixa máis marxe para a imaxinación do lector. Moléstame moito cando leo un libro e despois vexo a película pois a partir dese momento queda grabada determinada cara na miña memoria e cóstame esquecela ou voltar ao que tiña anteriormente na cabeza.
Gran parte do libro conta as penurias dun neno abandonado e mendigo nunha gran cidade e cómo fai para sobrevivir a toda costa.
Tras ese período chega a Universidad, onde pode entrar grazas ao seu inxenio, aptitude e actitude. A min, personalmente, é a parte que menos me gusta. Recordame moito a un libro que lin hai moitos anos onde contaban a vida nunha especie de internado non sei se dunha moza ou un mozo… vamos, que non me acordo, pero nesta parte o libro é así: vou a clase; este profesor tenme manía; cánto aprendo e cómo me gusta esta asignatura; a rapaza aquela gústame pero non me atrevo a dicirllo; o matón do instituto estáme a facer a vida imposible; non teño cartos para poder pagar a matrícula; etc. etc. etc. O normal, pero como é o que xa supoñemos, pois estamos desexando chegar a parte do libro onde** o mundo está en perigo e o heróe nos ten que salvar.
Non é aburrido, nin moito menos, pero a min gustoume máis o segundo libro, que corresponde co segundo día no tempo presente cando Kvothe lle segue a contar a súa vida a Cronista.
El temor de un hombre sabio
portada El temor de un hombre sabio
Sinopse
copio de amazon.es
Amanece en la posada Roca de Guía. Es el segundo día, y un hombre se dispone a proseguir el relato de su vida. Su verdadera historia, la que únicamente él conoce, alejada de la leyenda que le han forjado los rumores, las conjeturas y los cuentos de taberna que han acabado convirtiéndole en un personaje mítico: Kvothe… músico, mendigo, ladrón, estudiante, mago, héroe y asesino. El nombre del viento, el primer día de la historia de Kvothe, se ha convertido en un fenómeno apoyado por lectores, libreros y crítica, que recomiendan esta excepcional novela. Ahora la historia sigue en El temor de un hombre sabio, y a aquellos que ansiaban leer esta continuación sólo podemos decirles que la espera ha valido la pena.
Neste segundo día Kvothe segue a dictarlle a súa historia a Cronista, e vemos como se vai facendo adulto. O estilo do libro tamén vai cambiando, pasando por capítulos onde se centra nas relacións personáis entre os personaxes e outros nos que ten tempo para filosofar cando convive cos Adem. Mezcla con xeito tramos de acción peliculeira con reflexións conceptuais interesantes.
Na miña opinión este libro é moito máis áxil e variado. É dos que tes que seguir lendo, queres saber máis, qué pasa despóis.
Non contarei nada concreto da historia aquí, pero pareceume moi ben construida a descripción do encontro con un personaxe feérico e o viaxe ao séu mundo. Narra como de pronto Kvothe se adentra nese mundo, non sei se atrapado ou por vontade propia, e cómo aprende e consegue adaptarse a el. E realmente tira moito proveito desa viaxe ;)
Tal como fai na súa convivencia cos Adem, aproveita o autor para introducir temas de reflexión que nos axudan a relativizar a importancia de certas normas sociáis (ca sociedade coas súas) e o que é realmente importante para uns pode ser irrelevante para outros. E hai que respetalo.
Se o primeiro libro é entretido este segundo atrápate. Grazas, señor rufus