Subtítulo: Enaxenación Mental Transitoria
Este artigo non é unha crónica.
Sinto un respeto grande e sincero por tod@ aquel que se prepara e tenta correr un maratón. Sei o que é iso. Pero estame costando atoparlle o lado místico ao asunto que outros parecen atopar con facilidade.
Só para que conste, e para explicar o subtítulo direi un par de cousas.
Durante os últimos tres ou catro meses estiven entrenando para facer arredor de 3 horas 40 minutos, o que equivale a pouco menos de 5’15”/km. Pois onte resulta que “como me sentía ben” vou e paso a media maratón en 1h45’ (5’/km) e o quilómetro 30 en 2h33’ (5’06”/km). De tolos!!. Hai tres semanas fixera 37km a 5’20”/km a ritmo moi constante e moi relaxado e sen problema. Os días anteriores a carreira tiñaoo claro: “Ritmo constante e sen exhibicións nin florituras”. E onte salgo a 5’/km!! Cagueina e punto, tampouco é que agora esté amargado ou deprimido. Hai que aprender e lembar os bos momentos na carreira.
Quizáis quen lea esto pareceralle pouca cousa esa diferencia en segundos, pero vai un abismo entre correr no ritmo que debes e preparaches, e correr uns 20” máis rápido durante tantos quilómetros. Porque o problema son os quilómetros. Cando ía na metade sabía a ciencia certa que o ía pagar ao final, pero o ben que me saíra aquel entreno, sen notar baixón ningún, facíame pensar en que si, que o ía a pagar, pero que podería aguantar a 5’40”/km ou parecido co cal o gañado ao inicio compensariao coa perda final.
Arredor do 33 xa estaba K.O. pero tirando de orguio fun aguantando as ganas de parar ate que no 37 (avituallamento) parei a beber, para non atragantarme e recuperar durante uns segundiños. Do 38 ao 39 alternei trotar con andar e parei uns segundos a estirar. Non tiña problemas musculares de importancia, sempre doe algo, pero era máis sicolóxico que nada.
Antes do cartel do 39 decidín voltar a trotar e collín ritmo sen parar ate o final. Ía máis cabreado que cansado. Non sudaba, non me faltaba o alento. Simplemente non tiña forzas. Foi moi de agradecer o apoio e os ánimos do público. Personas en particular que levaban alí varias horas xa era a terceira vez que as vía e seguían animando a todo o mundo con berros de ánimo para todos. Grazas. De verdade.
Entrar na plaza entre aplausos e ánimos foi agradable porque se acababa dunha p*ta vez a carreira. Xa estaba. Case 10’ máis do previsto pero acabouse. Parece un comentario un pouco brusco, pero eso era o que sentía. Nada de paxariños ou fanfarrias ou Filípides aparecido.
O máis duro desos últimos 7km é a sensación de estar desvalido, de que non tes forza en absoluto e tiras para diante e non sabes por qué. Buscas motivación en calquera cousa que te anime a seguir outro anaquiño máis (grazas de novo ao público) porque forza non tes. É moi diferente ao cansancio ou fatiga de probas máis cortas, que poden ser moi duras, podes estar asfixiado, crispado, pasado de voltas, pero non notas que estás vacío, abandonado a túa sorte nunha lancha no medio dun temporal.
Do tempo (vento e sarabias) e dos problemas físicos concretos non falarei porque parecerían unha excusa. Só dicir que dos xeonllos estiven perfecto, acordeime deles cando xa estaba estirando e non notara nin unha mínima molestia. Hai uns meses pareceríame incríble sentir esto.
Xusto ao acabar renegaba do maratón e de meterme en líos como ese. Sen ironías nin bromas nin ostias, quén me manda meterme nesto!!. Enfadado conmigo mesmo por levar o corpo a esos extremos. ** Nese mesmo momento** tamén sabía que dous días despois xa so me quedaría a satisfación de telo feito, quizáis algunha dor por ahí, pero o convencemento de voltaría ter ganas de facelo. Se a saúde me respeta voltarei. Espero que con un pouco máis de sentido común.
Aqui deixo os parciais, para que conste a cagada.
km x 5.2344m | tempo (ritmo) |
1x | 25.26 4.51 |
2x | 25.22 4.50 |
3x | 26.21 5.00 |
4x | 26.26 5.01 |
5x | 27.34 5.16 |
6x | 29.07 5.33 |
7x | 31.48 6.03 |
8x | 35.50 6.50 |
310m | 1.56 6.14 |
Total: 3h. 49’ 53” Posto 639 de 956 A distancia dos parciais está calculada tras ver o que marcaba o podómetro e a distancia (homologada) da carreira. Coinciden co tempo que ía vendo ao paso dos quilómetros.