Cycle of lies

Título: Cycle of lies (2014) Autor: Juliet Macur[BIO] @julietmacur[twitter] [caption id=”attachment_1569” align=”aligncenter” width=”260”]Cycle of lies [portada en B&N] Cycle of lies [portada en B&N][/caption]

En decembro de 2012 Lance Armstrong decideu finalmente saír do armario e foillo a contar todo(?) a Oprah.

https://www.youtube.com/watch?v=e_-yfFIiDao

Este libro está escrito ao longo de 2013 recopilando o traballo da autora desde que en 2004 empezou a traballar no ciclismo por encargo do seu xornal. A autora tivo oportunidade de seguir de preto a Lance Armstrong durante varios anos e manter incluso algunha conversa/entrevista personal. Dentro de estas descata a mantida o día en que Lance é desafiuzado da súa (enorme) propiedade en Austin, o rancho onde estaba este salón famoso por esta fotografía

[caption id=”attachment_1583” align=”aligncenter” width=”611”]Lance A. cos maillots dos 7 Tours [foto DailyMail] Lance A. cos maillots dos 7 Tours [foto DailyMail][/caption]

Esta conversa mostra a un Lance desafiante, altivo pero moi queimado. Síntese o chivo expiatorio de toda unha época.

O libro comeza en ese lugar, para despois entrar a describir a vida profesional de Lance, de cómo a súa infancia e mocidade modelaron o seu carácter para finalmente ir a por todas, a calquer prezo, tras superar un cancro que tiña moi mala pinta.

A súa ambición non ten medida, así como a falta de escrúpulos, quedando reflexado no libro o seu modo de operar ao estilo mafioso, vengativo e avarento dun malo maloso de película.

Porque si, parecen palabras duras para retratar a un tramposo. Pero tramposo non mostra o que realmente distinguía a Lance. Tramposos eran (son?) a maior parte dos ciclistas profesionáis. A Lance o que o distinguía era o método, a organización, non os productos (soros da NASA? :D ) que eran básicamente os que utilizaba todo o mundo. Pero el e o seu equipo tiñan os contactos para:

  • evitar contróis das axencias antidopaxe grazas a filtracións de información.
  • evitar dar positivo nos contróis coñecendo os métodos de análise, qué sustancias se buscan e cando dan positivo.
  • contratar médicos en exclusiva.
  • poder recibir os tratamentos no momento e lugar axeitados grazas a unha infraestructura perfectamente coordinada.
  • evitar que outros ciclistas poidan montar estructuras similares. Cando un saía do equipo de Lance, sospeitosamente, fallaba en algún control.

Trátase dun** libro para interesados no tema** pois fai un retrato de conxunto de unha época. En outros libros vemos un relato de parte (interesada) de algún dos protagonistas ou centrado exclusivamente nun episodio, cando aquí vemos a traxectoria vital de Lance. Non deixan de desfilar os sospeitosos habituáis dedicándolle papeles protagonistas a G.Hincapie, o Dr.Ferrari, os Andreu (esa Betsy!), … e tamén a J.T. Neal (mentor e patrocinador de Lance) de quen obtivo moita documentación dos primeiros anos de vida pois deixou gravadas unhas memorias onde relataba esos primeiros anos de Lance e cómo foi o seu paso ao profesionalismo e deu comezo a sua exitosa carreira comercial. A autora non oculta a súa opinión sobre Lance mostrandoo como unha persona controladora e avarenta de éxito e cartos. A veces semella que se lle vai a man con tanta opinión, pero ben, é o seu libro e escribe o quere.

O título do libro fai referencia a que unha vez a maquinaria comercial empezou a xirar era imposible parar. Máis aínda cando todos contribuían a que seguira rulando. Semexante maquinaria non pasaba desapercibida a calquera que tivese ollos e algo de curiosidade, pero para o gran público todo era deslumbrante e maravilloso. Ninguén dentro do mundillo descoñecía o estado das cousas, nin os responsables deportivos (que cando menos miraban para outra parte), nin os competidores (que facían o que podían para tentar, infructuosamente, manter o ritmo), nin os periodistas (que eran un batallón máis dentro do exército de Lance contra os catro gatos que ousaban revelarse).

Aquí outra opinión (que non comparto totalmente).